rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
A fotografía: historia doutra mirada

A fotografía: historia doutra mirada

Datas: 
6 outubro 2010 - 25 maio 2011
Horario: 
todos os mércores, de 18.00 a 19.15
Lugar: 
Salón de actos


Nesta tempada 2010-2011, o MARCO pon en marcha unha nova edición deste curso, impartido por Ana Pereira Molares, moi ampliado en calendario e contidos, que realiza un percorrido pola historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias.

Docente: Ana Pereira Molares, coa participación de poñentes externos nalgunhas das sesións 

Nº sesións: 27 (descontados festivos e outros eventos)
NOTA: durante a tempada 2009-10, por coincidir con festivos y outros eventos, non haberá curso os seguintes mércores: 8, 22 e 29 de decembro, 5 e 12 de xaneiro, 16 de febreiro, 20 de abril

Prazas limitadas

Inscrición e matrícula: a partir do 7 de setembro. O persoal de taquilla está á súa disposición para proporcionarlle as fichas de inscrición e calquera información complementaria, que tamén pode solicitar a través do correo-e pilar.souto@marcovigo.com ou no teléfono 986.11.39.00, en horario de luns a venres, de 9.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00
Horario de taquilla: martes a sábados, de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00

Prezo de matrícula: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e alumnado da Universidade de Vigo), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

Créditos de libre elección: a realización deste curso supón o recoñecemento de 2 créditos de libre elección para alumnado da Universidade de Vigo.

PROGRAMA-CALENDARIO

Sesión 1 (mércores 6 outubro)
O nacemento da fotografía. Inventores e primeiros procedementos. Do daguerrotipo á popularización da fotografía

Sesión 2 (mércores 13 outubro)
O abc da linguaxe fotográfica (por Enrique Touriño, fotógrafo)

Sesión 3 (mércores 20 outubro)
Expansión e profesionalización. Diferentes xéneros fotográficos

Sesión 4 (mércores 27 outubro)
A fotografia na súa primeira madurez: o pictorialismo e a fotografía artística

Sesións 5 e 6 (mércores 3 e 10 novembro)
A relación entre fotografía, arte e modernidade. As vangardas históricas

Sesións 7, 8 e 9 (mércores 17 e 24 novembro, 1 decembro)
Fotógrafos vinculados ao Surrealismo. De Man Ray a Dora Maar

Sesión 10 (mércores 15 decembro)
A reportaxe gráfica e a súa evolución. A fotografía como documento

Sesión 11 (mércores 19 xaneiro)
Visita á exposición de Virxilio Vieitez no MARCO

Sesións 12 e 13 (mércores 26 xaneiro e 2 febreiro)
Dos anos trinta aos cincuenta: fotografía de estado, fotografía de guerra, fotografía humanista

Sesións 14, 15 e 16 (mércores 9 e 23 febreiro, 2 marzo)
O fenómeno MAGNUM ou a liberdade creadora

Sesións 17 e 18 (mércores 9 e 16 marzo)
A expansión da cultura fotográfica. Fotografía, moda e publicidade

Sesión 19 (mércores 23 marzo)
Diferentes modos de ler unha fotografía. Os fotógrafos contan a súa historia (I)

Sesións 20 e 21 (mércores 30 marzo e 6 abril)
Novos camiños e novas miradas: hiperrealismos, enfoques conceptuais e outras propostas 

Sesión 22 (mércores 13 abril)
Diferentes modos de ler unha fotografía. Os fotógrafos contan a súa historia (II) 

Sesión 23 (mércores 27 abril)
Os artistas e a fotografía

Sesión 24 (mércores 4 maio)
Os artistas e a fotografía. Un testemuño persoal

Sesións 25, 26 e 27 (mércores 11, 18 e 25 maio)
Diferentes tendencias fotográficas no contexto español