rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Gastón Solnicki. Papirosen

Gastón Solnicki. Papirosen

Datas: 
8 novembro 2013 - 9 novembro 2013
Horario: 
DOBRE PASE: venres 8 de novembro, ás 19.30 e sábado 9 de novembro, ás 19.30
Lugar: 
Patio 1
Prezo: 
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas

 

«Moldeando preto de 200 horas de 
material gravado durante máis dunha 
década nun retrato de familia á vez 
épico e íntimo, o novo Solnicki eleva a 
home movie ao nivel dunha arte. Catro 
xeracións do seu clan son capturadas 
en vacacións e reunións familiares, así 
como en pequenos momentos cotiáns. 
Escavando nos arquivos familiares 
e incorporando as vivencias da súa 
avoa Pola, supervivente do holocausto, 
Solnicki elabora unha afectiva e profunda 
meditación sobre o significado da 
familia e o peso da historia». (Denis Lim, 
Museum of the Moving Image, Londres)
Gastón Solnicki naceu en Bos Aires en 1978. Estudou 
no Centro Internacional de Fotografía e na Tisch 
School of the Arts da New York University, onde 
recibiu o seu BFA en Cine. Süden (2008), a súa 
primeira longametraxe, estreouse internacionalmente 
no Buenos Aires Festival Internacional de Cine 
Independiente (BAFICI), onde recibiu unha Mención 
Especial do Xurado e foi galardoada como Mellor 
Película da Comisión de Prensa de Cine Arxentino. Foi 
galardoada tamén co Cóndor de Prata á innovación 
artística. Papirosen (2011), a súa segunda longametraxe, 
estreouse na competencia «cineastas do presente» 
no Festival de Cine de Locarno, e despois tivo unha 
exitosa carreira internacional en festivais como a 
Viennale, Róterdan, Vancouver, Jeonju e continúa 
exhibindose ao redor do mundo en institucións 
como o Centro Pompidou (París) e o Centro Cultural 
Skirball dos Ánxeles. Foi galardoada como Mellor 
Película na Competencia Arxentina no BAFICI 2012, e 
gañou o Premio Lia no Festival de Cine de Xerusalén 
2012. Tamén recibiu unha mención especial no 
Edinburgh Int’l FF 2012. Actualmente traballa na súa 
longametraxe de ficción, El principio del Tritono.

«Moldeando preto de 200 horas de material gravado durante máis dunha década nun retrato de familia á vez épico e íntimo, o novo Solnicki eleva a home movie ao nivel dunha arte. Catro xeracións do seu clan son capturadas en vacacións e reunións familiares, así como en pequenos momentos cotiáns. Escavando nos arquivos familiares e incorporando as vivencias da súa avoa Pola, supervivente do holocausto, Solnicki elabora unha afectiva e profunda meditación sobre o significado da familia e o peso da historia». (Denis Lim, Museum of the Moving Image, Londres)

Gastón Solnicki naceu en Bos Aires en 1978. Estudou no Centro Internacional de Fotografía e na Tisch School of the Arts da New York University, onde recibiu o seu BFA en Cine. Süden (2008), a súa primeira longametraxe, estreouse internacionalmente no Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI), onde recibiu unha Mención Especial do Xurado e foi galardoada como Mellor Película da Comisión de Prensa de Cine Arxentino. Foi galardoada tamén co Cóndor de Prata á innovación artística. Papirosen (2011), a súa segunda longametraxe, estreouse na competencia «cineastas do presente» no Festival de Cine de Locarno, e despois tivo unha exitosa carreira internacional en festivais como a Viennale, Róterdan, Vancouver, Jeonju e continúa exhibindose ao redor do mundo en institucións como o Centro Pompidou (París) e o Centro Cultural Skirball dos Ánxeles. Foi galardoada como Mellor Película na Competencia Arxentina no BAFICI 2012, e gañou o Premio Lia no Festival de Cine de Xerusalén 2012. Tamén recibiu unha mención especial no Edinburgh Int’l FF 2012. Actualmente traballa na súa longametraxe de ficción, El principio del Tritono.

A proxección desta película forma parte do programa de artes escénicas e cine "Material Memoria".

Exposición VERANEANTES
‘Material Memoria’
Programa de artes escénicas e cinema
Comisario: Pablo Fidalgo Lareo
[El Conde de Torrefiel, Andrés Duque, Gastón Solnicki, Eloy Enciso, Rui Catalão, Patricia Caballero, Xurxo Chirro, Miguel Boneville, Claudia Dias, Ramiro Ledo, Lagartijas Tiradas al Sol, Nicolás Pereda, Olga Novo, Fon Román]

A exposición VERANEANTES inclúe un programa de artes escénicas e cinema, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que ten lugar cada fin de semana no Patio 1 da planta baixa, especialmente adaptado para esta ocasión. O ciclo ‘Material Memoria’  inclúe artistas que traballan coa palabra e coa memoria familiar, xeracional e política como eixe da súa obra. Cun máximo de dúas persoas en escena, reivindica a sinxeleza e a frontalidade como esencia do teatral.