rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Historia

Outubro de 2002. Constitución da Fundación. O día 22, os representantes das catro entidades fundadoras -Concello de Vigo, Caixanova, Xunta de Galicia e Deputación provincial de Pontevedra- asinan no Concello de Vigo a Acta de Constitución da Fundación MARCO.

Decembro de 2002. Fundación de Interese Cultural. A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia, por Orde do 13 de decembro de 2002, clasifica como de Interese Cultural á Fundación MARCO.

Xaneiro de 2003. Fundación de Interese Galego. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, por Orde do 15 de xaneiro de 2003, ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación MARCO.

Xaneiro de 2006. Entrada Ministerio de Cultura. O 11 de xaneiro de 2006, a ministra de Cultura, Carmen Calvo Poyato, e a daquela alcaldesa de Vigo, Corina Porro Martínez -en calidade de presidenta da Fundación MARCO- asinaban en Vigo o Protocolo de colaboración polo que o Ministerio de Cultura se incorporaba ao Padroado da Fundación cunha achega anual de 150.000 euros.