rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
INAUGURACIÓN MARCO. Visita guiada á exposición

INAUGURACIÓN MARCO. Visita guiada á exposición

Datas: 
4 xuño 2021

O venres 4 de xuño inaugúrase nas salas do 1º andar a tan esperada individual de Din Matamoro, unha mostra de produción propia, comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto.

Baixo o título A mirada acesa / La mirada encendida, a exposición reúne unha selección de obras dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións:

http://www.marcovigo.com/content/din-matamoro-mirada-acesa

Como actividade exclusiva para membros da AAM, convidámosvos o propio venres 4 de xuño ás 17.00 a un percorrido por salas, na compaña do artista e do director do MARCO. Unha vez finalizada a visita, a partir das 18.00 a exposición quedará aberta ao público.

Tendo en conta as restricións vixentes e limitacións de capacidade, é imprescindible reservar praza e confirmar asistencia a través do teléfono ou email de taquilla:

CONFIRMACIÓN E RESERVAS:

Taquilla MARCO
Horario: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
986 113900 Extensión 100
recepcion.marco@gmail.com