rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
INAUGURACIÓN. Visita guiada ás exposicións

INAUGURACIÓN. Visita guiada ás exposicións

Datas: 
27 setembro 2019
Lugar: 
Salas frontais do primeiro andar
Horario: 
19.00

O venres 27 ás 19  h., previa á inauguración das novas exposicións, prográmase unha  visita guiada para a Agrupación a cargo do comisario da exposición, Óscar Alonso, os artistas Jorge Martins e Eduardo Gruber, e o director do MARCO Miguel Fernández-Cid. 

Trátase de dúas mostras individuais que teñen o debuxo e a obra sobre papel como fío condutor, a través de estéticas moi diferenciadas: o relato de  Gruber xunto coa voz poética de Martins

A individual de Jorge Martins supón a oportunidade de traer a Galicia a obra dun dos nomes de referencia da plástica portuguesa do último século. Unha coidada selección dos seus debuxos, xunto coa primicia dos seus cadernos de apuntes, compoñen esta nova proposta expositiva do MARCO. 

A mostra de Eduardo Gruber, reúne unha selección dos seus debuxos e obra sobre papel recente, facendo fincapé na relación entre literatura, pensamento e imaxe, tan presente na sua obra como a paixón pola metáfora. Unha selección de pezas, a xeito de pequeno salón de afirmacións, ecos e reflexos, que permite percibir o xeito de traballar dun artista que, dende a pintura, sempre tenta a obra total. 

Foto de portada: Eduardo Gruber. Jean Wilson. Da serie Femme fatale-amores platónicos, 2018. Acuarlea, carbón sobre papel, 179 x 149 cm
Foto miniatura: Jorge Martins. Coleccão, 2002. Acrílico e grafito sobre papel, 160 x 120 cm