rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Itinerancia da exposición de VIRXILIO VIEITEZ

Itinerancia da exposición de VIRXILIO VIEITEZ

Datas: 
7 febreiro 2013 - 19 maio 2013
Lugar: 
Espacio Fundación Telefónica, Madrid


A maior retrospectiva dedicada ao fotógrafo galego VIRXILIO VIEITEZ, coproducida por Fundación
Telefónica e o MARCO de Vigo, e que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de
outubro de 2010 e abril de 2011, chega ao Espacio Fundación Telefónica (Madrid), onde se exhibirá
ata o 19 de maio. A mostra, comisariada por Enrica Viganò, reúne máis de 300 imaxes, materiais
orixinais do estudio do fotógrafo, vintages da época, cámaras, películas e obxectos persoais. Unha
parte está dedicada ás fotografías dos documentos de identidade, realizadas sempre sobre fondo
branco, que ofrecen unha representación etnográfica de gran valor. A exposición conclúe coas
primeiras fotografías en cor, que marcan o avance dunha época na que a innovación tecnolóxica
coincide con cambios políticos e sociais que afectan á linguaxe fotográfica.