rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Jorge Perianes

(Ourense, 1974; vive e traballa en Vigo)

Jorge Perianes pertence ás últimas xeracións de artistas procedentes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, e realizou os seus estudios de doutorado no Departamento de pintura da mesma Facultade durante o bienio 2000-2002: Contemplarse para comprenderse: identidades múltiples en la creación artística en torno a la mirada. No ano 2007 obtivo a Bolsa de Creación Artística no estranxeiro VIII Mostra Unión Fenosa, que no último ano lle levou a combinar estadías de traballo en Londres e Berlín.

Realizou exposicións individuais en Galería Fúcares, Sala de proyectos, Madrid (2006); Galería adhoc, Vigo (2005), Sala Alterarte, Campus de Ourense (2004); Iniciativa Curva, Igrexa Universidade de Santiago (2000). Entre as súas exposicións colectivas, destacan 'Esculturismo', Consejería de Cultura e Turismo de la Comunidad de Madrid (2008); 'Figura humana y abstracción', Museo Würtz A Rioxa, Logroño (2007); ARCO'07, Stand Galería adhoc e Galería Fúcares; Project room ARCO'07, Galería adhoc e Galería Fúcares, Madrid; 'Contos dixitais', CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela (2006); ARCO'06, Stand galería adhoc, Madrid; 'Urbanitas', MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2005); IV Premio Auditorio de Galicia. Novos artistas 2005, Santiago de Compostela; 'La doble vía', Forum de las Naciones, Barcelona (2005); ARCO'05, Stand Galería adhoc, Madrid; Generación 2005. Premios y Becas de Arte Cajamadrid, Madrid, Santander (2005); ART 11. The International Fair of Contemporary Art Stand Galería adhoc, Turín, Italia (2005); VIII Mostra Unión Fenosa. A Coruña (2004); ARCO'05, Stand Galería adhoc, Madrid. A súa obra atópase en coleccións como a Colección Caixanova (Vigo), MACUF, Museo de arte contemporánea Unión Fenosa (A Coruña), e Museo Würtz A Rioxa, (Logroño).