rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Juan Canela


Juan Canela
(Sevilla, 1980), vive e traballa en Barcelona. Comisario independente e crítico, é fundador e comisario de BAR project e membro fundador de Radiobucket e Azotea. Ten comisariado exposicións como Lo viejo y lo nuevo, AdnPlatform, Barcelona (2013), Lanza una roca y a ver qué pasa, La Casa Encendida, Madrid (2013); El espacio cósmico estaba ahí, Galería Bacelos Madrid/Vigo (2013); o proxecto editorial Radio de Acción, Espacio Abisal, Bilbao (2011) ou Ref.08001, NoguerasBlanchard, Barcelona (2010). Co-comisariou o programa de mesas redondas Vertex, conversacións en arte, política e sociedade para ADN Think Tank, e na actualidade Lesson 0, un proxecto de longo recorrido para Espai13 Fundació Miró, Barcelona, en colaboración con Komplot Bruxelas, Sección Irregular, En Residencia e A*Desk. A finais de 2013 gozou dunha residencia en La Ene, Nuevo Museo Energía de Arte Contemporáneo en Bos Aires, Arxentina. Escribe para revistas como A*Desk, Dardo magazine, Exit-Express, SOUTH Magazine e Kaleidoscope.

www.juancanela.com / www.barproject.net