rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
-0, Attachment.
-0. Mastro de bandeira xirado 180º e cravado no chan
Attachment. Cabeza de touro desecada, xirada 180º e empotrada na parede
Postcolonial Layer, , 0, +0, Transparencia 0
Postcolonial Layer. Peza arqueolóxica precolombina proveniente dun expolio [...]
< Pebida de ouro macizo pintada de ouro falso.
0. Devolución dunha subvención do Ministerio por non ter realizado ningunha obra [...]
+0. Abonamento dos intereses por un ano de demora na devolución da subvención
Transparencia 0. Réplicas en chumbo macizo das obras de arte do director [...]
Jacuzzi instalado no despacho do director cos fondos do Museo que el dirixe
-10.000. 10.000 euros da Fundación Botín enterrados.
Museificación. Tarifas do Guggenheim Bilbao no MARCO Vigo.

Karmelo Bermejo .

Ficha

Datas: 
23 setembro 2011 - 27 novembro 2011
Lugar: 
Salas de exposición do 1º andar
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Iñaki Martínez Antelo
Comisariado: 
Agar Ledo

PRESENTACIÓN

A de Karmelo Bermejo é a cuarta proposta do ciclo ‘ENTRAR NA OBRA’, que se desenvolve ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971). O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan ao público, ao visitante, ao espectador, á audiencia, como un elemento inherente á obra.

OBRAS EN EXPOSICIÓN

A exposición de Karmelo Bermejo, titulada . —un punto, un signo ortográfico que illado, funciona con novos significados— está concibida como un traballo en capas, que se van superpoñendo, anulando ou complementando na súa invisibilidade. A partir da idea do museo como xerador de valor, provoca unha reflexión sobre os xogos de poder que rodean á obra de arte, á súa produción e á súa recepción por parte do público. A mostra inclúe un total de 10 pezas, entre as que se inclúe a peza . que se atopa ubicada no título da exposicióndúas das cales se sitúan fóra do espazo físico das salas de exposición.

Síntese do proxecto

‘Entrar na obra’

‘Entrar na obra’ é un ciclo de exposicións que se está a desenvolver nas salas do primeiro andar do MARCO. O título do ciclo está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971), emulsión fotográfica sobre lenzo, na que o artista se fotografa a si mesmo atravesando unha aba nunha acción que interpretamos como reveladora sobre a relación entre o artista e a súa obra e entre o espazo e o tempo. O artista altera o seu papel e xera unha situación de integración, ante a que tamén reacciona o espectador, que, se ben non entra fisicamente na obra, participa sendo testemuña desta ruptura dos límites tradicionais que separan suxeito e obxecto. O significado último reside, pois, na reacción do espectador.

O papel fundamental do espectador no proceso de creación da obra de arte formou parte, nas últimas décadas, de discusións e ensaios. Ao longo do século XX xorden os conceptos de obra aberta, espectador emancipado ou morte do autor, e o rol do público pasa a ser esencial para completar a peza, mediante a súa mera presenza física ou a necesidade de implicarse activamente. O artista xa non é o eixe central do proceso e as coordenadas de percepción márcanas, como escribe Douglas Crimp, non só o encontro entre o espectador e a obra, senón entre ambos os dous e o espazo que ocupan. En que grao necesita o público estar ante a obra? O simple feito de mirar non ten xa valor?

O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan a condición do público como elemento inherente á obra. A relación directa entre ambos os dous, o intercambio físico ou a reciprocidade inmediata xeran unha nova dimensión na que tempo e espazo alteran as condicións da recepción e da percepción.

O ciclo ‘Entrar na obra’ incluíu proxectos de Loreto Martínez Troncoso, Wilfredo Prieto e Rubén Grilo, e continúa agora con Karmelo Bermejo, ao que seguirán as propostas de Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979), e Judi Werthein (Bos Aires, Arxentina, 1967).

Karmelo Bermejo

.

A reflexión sobre o marco institucional no que se exhiben as obras de arte constituíu un interese constante para a primeira onda de crítica institucional, que nas décadas de 1960 e 1970 intentaba subverter o papel da institución cuestionando os seus límites e as relacións de poder no contexto museístico. Nesa crítica ao sistema, que se foi expandindo dende a propia institución aos axentes que forman parte do sistema de produción artística —entre eles o espectador ou o director, cada un nun extremo— enmárcase a nova proposta de Karmelo Bermejo, titulada .

Un punto é un signo ortográfico que marca o final dun enunciado. Illado, tal como figura no título desta exposición, o punto supón a anulación da palabra —ou secuencia— que o precedía; unha negación que é unha constante no traballo de Bermejo como estratexia para cuestionar os convencionalismos ou, neste caso, as regras das estruturas museísticas tradicionais. O punto aparece como un elemento fóra dun contexto narrativo e, nesa abstracción, adquire o formato dunha peza máis, nun espazo propio dentro do lugar da mostra: o título da exposición.

Artistas

Karmelo Bermejo

 

Sobre o artista


Karmelo Bermejo, nacido en 1979, é un artista do País Vasco. O seu traballo concéntrase en atopar as formas de evidenciar as economías de valor, xa sexa comercial ou de prestixio, que operan nas estruturas de visibilidade/invisibilidade que sosteñen á obra de arte contemporánea e o seu financiamento, tanto privado como público. A lóxica das súas accións e obras é invocar un desperdicio crítico: a manipulación da economía de luxo que mobiliza toda obra de arte. Karmelo Bermejo realizou exposicións na Bienal de Liverpool, Galería Maisterravalbuena (Madrid), Bloomberg Space (Londres), Artium (Vitoria), TEA (Tenerife), Bienal de artistas novos de Bucareste, Galería Marlborough (Madrid), Para/Site Art Space (Hong Kong), ou o espazo ONG (Caracas). En 2010 gañou o premio ARCO.

http://www.karmelobermejo.com/

Formación

2010 Artista residente en SOMA, México DF, México

2009 Artista en residencia en México DF, Beca Hangar – FONCA- Cenart

2006 Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco

Exposicións individuais

2011 . MARCO, Vigo

2010 La traca final. Galería Maisterravalbuena, Madrid

2009 Art Basel Miami Beach Art Positions. Stand galería Maisterravalbuena. Miami, US
Booked The Movie. Torre de Ariz, Vizcaya
Solo Project. Arco’09. Galería Maisterravalbuena, Madrid

2007 Ostentación y gasto improductivo. Centro Cultural Montehermoso, Vitoria

2006 Galeria Marlborough, Madrid (Premio de fotografía El Cultural de El Mundo)

Geist. El Ojo Atómico, Madrid

Exposicións colectivas (selección)

2011 29th Bienal de Ljubljana (comisariada por Beti Zerovc)
Nuit Blanche Paris, París (comisariada por Alexia Fabre e Frank Lamy)
Fetiches críticos. Museo de la Ciudad, México DF (comisariada por Cuauhtémoc Medina)
Zona MACO,11. Stand Galería Maisterravalbuena, México DF
Arco’11. Stand Galería Maisterravalbuena, Madrid

2010 Bienal de Liverpool 2010. Touched. Liverpool, Reino Unido (comisariada por Lorenzo Fusi) 
Fetiches críticos. CA2M, Madrid (comisariada por Cuauhtémoc Medina)
Art Basel Miami Beach 2010
Arco’10. Stand Galería Maisterravalbuena, Madrid

2009 The Grand Finale. Art Basel Miami Beach, Art Projects (comisariada por Patrick Charpanel)
La Colección 2. TEA, Tenerife (comisariada por Javier González de Durana)
Insert Coin. Para/Site Art Space, Hong Kong (comisariada por Enrique Miguélez)

2008 Re-construction. Bienal de artistas novos de Bucareste (comisariada por Ami Barak)
No más héroes. Artium, Vitoria (comisariada por Daniel Castillejo)
Arco’08. Stand Galería Trayecto, Madrid
Doméstico08, Madrid (proxecto comisariado por Amelia Aranguren)

2007 No future. Bloomberg Space, Londres (comisariada por David G. Torres, Sacha Craddock e Graham Gussin)

Premios e bolsas

2011 Premio artista emerxente Zona MACO 2011, México DF
Beca de Artes Plásticas Marcelino Botín 2011

2010 Beca artes plásticas Gobierno Vasco
Beca Diputación Foral de Vizcaya
Premio ARCO 2010

2009 Mención de honra. Caja Madrid, Generaciones 09

2008 Residente Fonca/Cenart México DF (Bolsa Hangar)
Terceiro Premio Ertibil
MadridProcesos 2008 (AVAM)
Beca Juan de Otaola y Pérez de Saracho

2007 Primeiro Premio Injuve 2007
Premio adquisición Museo de Pollença 2007
Beca Intermediae 2007
Seleccionado Ertibil’07
Finalista Premio Miquel Casablancas 2007 (modalidade de obra)

2006 Premio de fotografía El Cultural de El Mundo 2006
Axudas á creación Centro Cultural Montehermoso 2006
Premio Malagacrea 2006 (CACMA)
Beca Propuestas X. Fundación Arte y Derecho 2006
Finalista Premio Miquel Casablancas 2006 (modalidade de proxecto)

Obra en coleccións públicas

Colección Zona MACO, México DF
CA2M, Madrid
TEA, Tenerife Espacio de las Artes
La Panera, Lleida
Colección Caja Madrid
Colección Purificación García
Museo de Pollença, Mallorca
Artium, Vitoria
Diputación Foral de Bizkaia
Universidad del País Vasco
Colección Feria Espacio Atlántico, Vigo

Bibliografía

Pastor, Judith. ‘Entrevista a Karmelo Bermejo’, Taxi Art Magazine, Guadalajara, México, xaneiro 2011
Hernández, Edgar Alejandro. ‘Estética del dinero y su carencia’, Excelsior, México, marzo 2010
Reguera, Galder. ‘Karmelo Bermejo. El sueño del arte produce monstruos’, Lápiz, marzo 2010
Garbayo, Maite. ‘Karmelo Bermejo. La desaparición no es posible’, Exit Express, febreiro 2010
La Font, Isabel. ‘Ironía gruesa contra la recesión’, El País, 11 febreiro 2010
Marín-Medina, José. ‘Actuaciones de Karmelo Bermejo’, El Cultural, El Mundo, 5 febreiro 2010
Díaz-Guardiola, Javier. ‘El arte queda fuera de las leyes sociales y morales’, ABCD, 23 xaneiro 2010
Reguera, Galder. ‘Pequeños apuntes sobre dos obras de Karmelo Bermejo en seis movimientos’, catálogo exposición Booked The Movie, 2009
Vozmediano, Elena. ‘Karmelo Bermejo gana el VII Premio de fotografía El Cultural’, El Cultural, El Mundo, 27 xullo 2007
Achiaga, Paula. ‘Mi principal fuente es la realidad’ (entrevista), El Cultural, El Mundo, 27 xullo 2006
David G. Torres. Entrevista, catálogo exposición Entornos próximos, Artium, Vitoria, 2006
Abel H. Pozuelo. ‘La aportación de Karmelo Bermejo’, El Cultural, El Mundo, 29 outubro 2006
San Martín, Francisco Javier. ‘Economía política del derroche’, catálogo exposición Ostentación y gasto improductivo, Centro Cultural Montehermoso, Vitoria, 2007
Fito Rodríguez. ‘¿Se pueden hacer obras de arte que no sean Aportaciones?’ (entrevista), Mugalari, xuño 2007

Texto curatorial

“In 1971 Daniel Buren alluded to the economic function of the museum in the following way: ‘The
Museum gives a sales value to what it exhibits, has privileged/selected. By preserving or extracting
it from the commonplace, the Museum promotes the work socially, thereby assuring its exposure
and consumption’1. Reflections on the institutional context in which works of art are displayed have
fed an ongoing interest held not only by Buren but also by other exponents of the first wave of
Institutional Critique which, in the 1960s and 1970s, sought to subvert the role of the institution by
questioning its limits and power relations within the context of the museum.

It is in the light of this allusion to the role of the museum as a generator of value described by
Buren in his The Function of the Museum that many of Karmelo Bermejo’s works can be viewed,
since they critique the system to spark a discussion about the power games that surround the art
work and define its market value. They reference the strategy that has expanded over time to
include not only the institution but also the agents of the entire art production system (which has
the spectator at one end and the museum director at the other) and which Bermejo uses to
articulate a series of pieces that have in common negation, occultation, and non-presence.

A full stop is a punctuation sign that marks the end of a sentence. On its own, as in the title of this
exhibition, the full stop implies the annulment of the word, or sequence, that preceded it. Indeed,
Bermejo employs negation as a tactic to question conventionalisms or, in this particular case, the
rules shaping traditional museum practices. The full stop appears here as something outside the
narrative context, and it is in this abstraction that it acquires the format of any other piece, with a
place of its own within the scope of the display: the exhibition title.

.(2011) is also the representation of an end. It is the annulment of a narrative, the absence of a
beginning, a development and a dénouement. But above all, the full stop is an intervention in a
space, a political transgression, the rupture of a conventionalism.

This decontextualisation, together with invisibility, is another of the characteristics recurrent in
Bermejo’s work and which are played out in the exhibition space that the artist appropriates in a
clear allusion to the ‘phagocytosing’ power of the institution. Museificación. Tarifas de entrada del
Guggenheim Bilbao aplicadas al MARCO Vigo
(2011) [Museification. Admission Fees of the
Guggenheim Bilbao Imposed on MARCO Vigo] functions as a metaphor of this power and alludes to
another of Bermejo’s strategies — self-sabotage — by fixing an admission fee of 13 Euros, which is
the price charged by the most expensive museum in Spain. The piece has an element of
‘contribution’, which comes from a series of early works the artist made called Aportación de trabajo
gratuito al Grupo Deutsche Bank, Aportación de vigilancia al Museo del Prado, Aportación de ruido al
ruido and Aportación de fuel a la Costa da Morte
. In this new piece, by fixing an admission fee —
entrance is usually free — money is paid into the public coffers.

This performance piece shows the same duality that is present in all of the artist’s works: on the one
hand it annuls the exhibition because access to the gallery is blocked, and on the other it represents the artist’s entire oeuvre, by physically and conceptually encompassing all the other works in a built institutional context that modifies the public’s perception of them.

Since its beginnings in the 18th century, the modern museum has rested on the concepts of
conservation, acquisition and education. Already since the Renaissance, the museum was conceived
as a utopia that encompassed the entire world, like a microcosm of the macrocosm2, or like an
accumulation of time, a place inside another place, or like a ‘heterotopy’ as Michel Foucault would
later describe it 3. Between the first and second waves of Institutional Critique the object of analysis
expanded out from the institution to other spaces, and it is this relationship between the subjects
cohabiting within the institution that particularly interests Karmelo Bermejo. Working from the
inside, he analyses this orthodoxy that characterised the mission of the museum since its origins
and critiques, not without irony, the functions of ideology and representation attributed to it.

By accepting as true all that we see in a museum, the spectator becomes part of the conventional
mechanisms of reception of the artistic work, thereby assuming a role that changed with the avantguards when the artist moved away from the centre of the artistic process and allowed the spectator to step forward. The piece <. Pepita de oro macizo pintada de oro falso (2011) [<. Solid Gold Nugget Painted in False Gold] condenses this antagonism between true and false. It addresses the idea of value in an art that ‘always turns the real into a façade, into representation, and into a construction4’. Unpolished gold, as extracted from nature, is confronted with its own representation  in a strategy we encounter again in Postcolonial Layer. Pieza arqueológica precolombina proveniente de un expolio, adquirida con dinero público en una subasta europea y cubierta posteriormente con una pátina de falsa antigüedad (2011) [Postcolonial Layer. Pillaged Pre-Columbian Artefact Acquired with Public Money at a European Auction, Subsequently Covered in a Patina of Fake Antiquity], where the artist denounces the increase in value that happens to certain archaeological finds with the passing of time.

The exhibition is conceived as a ‘work in layers’; layers which are superposed, erased or complemented through their invisibility. A genuine piece painted over to look (falsely) ancient — a bogus falsification — speaks of how museums can re-set the value of objects; but it also alludes to the decontextualisation characteristic of ‘ready-made retrospectives5. Bermejo’s pieces have a transversal quality that suggests multiple meanings as well as a political dimension. In Attachment.Cabeza de toro disecada girada 180º y empotrada en la pared (2008-2011) [Attachment. Stuffed Bull’s Head Turned 180º and Embedded in a Wall] and - 0. Mástil de bandera girado 180º y clavado en el suelo (2011) [- 0. Flagpole Turned 180º and Stuck to the Ground], two sculptural pieces, the symbols of patriotism in each (the bull’s head and the flagpole) are used in conjunction with a technique of occultation and inversion of symbols, which is also the case of the earlier pieces

 



1 Daniel Buren, The Function of the Museum, 1971

 

2 Andrew McClellan, The Art Museum. From Boullée to Bilbao, University of California Press, Berkeley, Los Angeles, London, 2008, p. 16

3 Tony Bennett, The Birth of the Museum, Routledge, London, New York, 2006, p. 1

4 Mike Kelley cited by Nicolas Bourriaud in Postproducción, Adriana Hidalgo editor, Buenos Aires, 2007, p. 48

5 Karmelo Bermejo in conversation with the curators

Comisariado

Agar Ledo


Agar Ledo
é responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde ten dirixido e coordinado os proxectos expositivos durante unha década. Comisariou exposicións de artistas como Ánxel Huete, Grace Schwindt, Gintaras Didžiapetris, Patricia Esquivias, Pedro Barateiro, Carlos Bunga ou Diego Santomé, ademais de propostas centradas na análise da produción cultural en Galicia e nas implicacións sociais e políticas que rodean á práctica artística. Cun Mestrado en museoloxía e estancias de formación no Fred Jones Jr. Museum of Art (Norman, OK), Le Consortium (Dijon), Musée d’art contemporain de Lyon e no ICI-Independent Curators International (Nova York), a súa carreira profesional ten transcorrido en espazos como o CGAC (Santiago de Compostela, 1998-2004), a Fundación Luís Seoane (A Coruña, 2005) ou a primeira BIACS (Sevilla 2004-2005), onde traballou como coordinadora no equipo de quen foi un dos máis visionarios comisarios e historiadores da arte do século XX: Harald Szeemann. Escribe regularmente en publicacións especializadas e é membro do Consello de redacción da revista Grial. Imparte docencia en distintos cursos de posgrao, como o Mestrado en Arte Contemporánea, creación e investigación (UVigo, 2016-2017), o Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural (USC, 2015-2017) ou o Mestrado en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (USC, 2008-2012). 

Iñaki Martínez Antelo


Iñaki Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1969) é director do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, dende o 18 de novembro de 2005. É licenciado en Historia da Arte Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidade Autónoma de Madrid. Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, viña desempeñando o cargo de responsable de exposicións do MARCO, ata que, tras un concurso público, foi designado director a finais de 2005. En febreiro de 2011 é elixido presidente da Asociación de Directores de Arte Contemporáneo de España.