rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Kendell Geers

(Germiston, Sudáfrica, 1968; vive e traballa en Bruxelas, Bélxica)

Kendell Geers é artista, performer, músico e cineasta. En 1993, con motivo de o a Bienal de Venecia, Kendell Geers cambiou a súa data de nacemento a maio de 1968. As súas obras expóñense en todo o mundo dende 1993 e participou en grande número de mostras, entre elas Documenta, The Carnegie International, La Bienal de La Habana, ou as de Kwang Ju, Taipei e Lión. Entre os seus monográficas atópase o CCA Cincinnati, o Stedelijk Museum voor Actuele Kunst Gent, o Baltic Centre for Contemporary Art, o Aspen Art Museum ou o CAC de Lión.

Durante os anos, Geers explorou con coherencia a vida, a historia contemporánea e as implicacións do abuso de poder, a violencia, a opresión, o control ou a caída de sistemas de pensamento e ideas con todos os medios ao seu alcance. Un proxecto de Geers é un ataque. É instintivo, directo e combate a brutalidade da sociedade contemporánea. Formúlalle ao espectador unha pregunta e pide un posicionamento, creando polo tanto un malestar decisivo. En 1988 Kendell Geers foi un de 143 mozos que se opuxeron publicamente a alistarse o Exército Surafricano, enfrontándose con iso a unha vida no exilio ou a cumprir unha condena de 6 anos nunha prisión do Estado. En 1989 foise de Sudáfrica e viviu durante un curto período de tempo exiliado no Reino Unido e Nova York, onde traballou como asistente do artista Richard Prince. En 1990, unha vez que Nelson Mandela fose desencarcerado e o Aparheid desmantelado oficialmente, Geers regresou a Johannesburgo, onde traballou como artista, crítico de arte, comisario e performer. A súa primeira obra de regreso a terras surafricanas foi Bloody Hell [Inferno sanguento], un ritual de limpeza do seu corpo branco de Boer Afrikaaner co seu propio sangue.

Entre 1999 e 2004 traballou como comisario e consultor de arte para Gencor, adquirida posteriormente por BHP Billiton. A colección estaba composta por artistas e obras de arte fundamentais para o espírito do Movemento anti Apartheid. En 1997, Geers editou e publicou Contemporary South African Art [Arte contemporánea surafricana], con textos de Okwui Enwezor, Olu Oguibe, Colin Richards, Elizabeth Rankin e Julia Charlton.