rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Los mejores temas, de Nicolás Pereda

Los mejores temas, de Nicolás Pereda

Datas: 
22 febreiro 2014
Horario: 
19.30
Lugar: 
Patio 1 (planta baixa)
Prezo: 
ENTRADA GRATUITA. Plazas limitadas hasta completar aforo


Este xoves e venres, o mexicano Gabino Rodríguez (da compañía Lagartijas tiradas al sol) chega a Vigo para presentar a súa obra Montserrat, unha proposta escénica que se enmarca no ciclo ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Ao día seguinte, sábado, o programa continúa coa proxección do filme Los mejores temas, de Nicolás Pereda, una coprodución de México, Canadá e Países Baixos, na que o propio Gabino Rodríguez encarna a un dos protagonistas.

“Despois de facer algunhas películas cos mesmos actores interpretando papeis similares, decidín facer unha película sobre o proceso de representación. Isto abriu un mundo de novas posibilidades, incluíndo os ensaios, as repeticións e as interaccións entre personaxes de ficción e os actores que interpretan eses personaxes. Seguín esta busca mediante a substitución dun dos actores co meu tío, a metade de rodaxe. O meu tío entra na película como un obxecto documental que ten que relacionarse cos personaxes de ficción que actúan coma se el fose un deles”.

Nicolás Pereda (México D. F., 1982) ten unha Mestría en Artes en Dirección de Cine da Universidade de York, Toronto. Ten dirixido seis longametraxes e unha curtametraxe cos que gañou premios en moitos festivais. Realizou películas e vídeos para montaxes interdisciplinarias, óperas e pezas de danza que se teñen presentado en México, Asia e Europa. O cinema de Pereda foi exhibido en festivais como Cannes, Venecia, Róterdan, FIDMarseille, Viena e Edinburgo, e recibiu premios en varios deles. A primeira retrospectiva das súas películas tivo lugar no Cine Las Américas de Austin, Texas, en 2010. A esta seguíronlle outras en Jeonju IFF, Anthology Film Archives, Paris Cinema, Cartagena IFF, UCLA, Valdivia FF e Harvard Film Archive, sumando outras en Madrid, Seattle, San Francisco, Belo Horizonte e no TIFF Bell Lightbox de Toronto.

Descarga: