rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Luis López Carrasco. "El Futuro"

Luis López Carrasco. "El Futuro"

Datas: 
30 maio 2014 - 31 maio 2014
Horario: 
Dobre pase: venres 30 e sábado 31 de maio ás 19.30
Lugar: 
PATIO A1. PLANTA BAIXA
Prezo: 
Entrada gratuíta ata compretar aforo

Filme

España / 2013 / 67 min / cor

Venres 30 e sábado 31 de maio, ás 19.30

Un grupo de rapaces bailan e beben nunha casa. A atmosfera é festiva e alegre. A vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982 semella recente e a noite está contaxiada dun espírito de euforia e celebración. O intento de golpe de Estado de 1981 parece corresponder a outro tempo, coma se pertencese a un pasado que se afasta a gran velocidade. Poderiamos dicir que en España, en 1982, todo estaba por vir, todo era futuro. Non obstante, o futuro tamén parece aproximarse a enorme velocidade, como un burato negro que devora todo o que atopa ao seu paso.

Cineasta, escritor e artista visual, Luis López Carrasco é co-fundador do colectivo audiovisual Los hijos, dedicado ao cinema documental e experimental. O traballo do colectivo ten sido proxectado en numerosos festivais e centros de arte internacionais. O Festival Internacional de Mar del plata, o Festival Distrital de México DF, o Festival de cine Lima Independiente, CGAI e Arteleku dedicáronlle ciclos monográficos. A primeira longametraxe do colectivo, Los materiales, gañou o premio Jean Vigo á mellor dirección do Festival Internacional Punto de vista de Navarra 2010 e a Mención especial do Xurado de FiD Marseille 2010. El futuro é a súa primeira longametraxe en solitario.