rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Maider López


Maider López (San Sebastián, 1975) desenvolve o seu traballo intervindo no espazo público e a arquitectura. As súas obras requiren a miúdo da participación do espectador, a quen involucra, facéndoo formar parte dun espazo sutilmente alterado.

Licenciada en Belas Artes pola UPV de Bilbao (1998), obtivo un master en Chelsea College of Art and Design, Londres (1999). A súa obra foi amplamente exposta nacional e internacionalmente, por exemplo, nas Bienais de Venecia, Istambul, e Sharjah. Levou a cabo proxectos no espazo público como Ataskoa, Polder Cup ou Playa, e numerosas exposicións, entre as que salientan as seguintes:

1645 Tizas. Matadero Madrid (2016); Desprazamento/Desplazamiento. Koldo Mitxelena e MARCO Vigo (2016) Play Time. Les Ateliers de Rennes, 4a biennale d'art contemporain. Rennes. Francia. (2014); Mom, Am I Barbarian? 13ª Bienal de Istambul (2013); Mountain. Lower Austria Contemporany (2013); Between you and I, Skor e Witte de With, Holanda (2010); Eclats, Centre Pompidou-Metz (2010); Sharjah Biennial 9, Emiratos Árabes (2009); Line of Sight, Zendai Moma Museum, Shanghai (2008); SCAPE Christchurch Biennial of Art in Public Space, Nova Zelandia (2008); AdosAdos, Guggenheim Bilbao (2007); Columnes, Caixa Forum, Barcelona (2006) e 51ª Bienal de Venecia (2005).