rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
“Manuel Colmeiro. Nombres de ayer y de hoy” © CRTVE 1981

“Manuel Colmeiro. Nombres de ayer y de hoy” © CRTVE 1981

Datas: 
15 abril 2020 - 6 setembro 2020

O MARCO presenta na súa web unha serie de entrevistas históricas ao artista Manuel Colmeiro.

Procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, están concibidas como actividade complementaria da exposición “MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos”.

#MARCOencasa #euquedonacasa


A primeira das entrevistas, dispoñible a partir de hoxe mércores, foi realizada en 1981:

CRTVE
“Nombres de ayer y de hoy”, 1981
Entrevista a Manuel Colmeiro en París e en San Fiz de Margaride

Escrito e dirixido por: Mario Antolín

Axudante montaxe: José Rey. Axudante cámara: F. Javier Larrahondo. Oficial iluminación: Ángel C. Calzadilla. Son: José Luis Villar, Antonio F. Fontela, Daniel Viejo. Axudante programación: María Calleja. Operador: Ramón Sempere. Montadora: Mª Teresa Viloria. Reportera: J. Elena Sibila Pironti. Documentalista: M. Rodríguez. Narrador: José Fernando Dicenta. Produción: Miguel Monter, Pedro Criado.

Duración: 29’ 01’’
©Televisión Española S. A., 1981

Entrevistas ao artista Manuel Colmeiro
Actividade complementaria da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos

Coa colaboración de: 
CRTVE e CRTVG

ENTREVISTAS MANUEL COLMEIRO na web do MARCO  

Durante todo o período da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, está previsto un conxunto de actividades paralelas e complementarias desta mostra, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos

Entre elas, destacan varias entrevistas realizadas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, e que estaba previsto proxectar nas salas do Museo.

Continuando con estas previsións, e ante a imposibilidade dunha actividade presencial en salas, as entrevistas iranse publicando periodicamente na web do museo a partir de hoxe mércores 15 de abril. Grazas á colaboración de CRTVE e CRTVG, o público terá acceso á obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa.

O seu interese reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artística. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición política do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil.

As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián. O traballo do noso pintor, como el subliña, teima en presentar as cousas comúns, o milagre da existencia na súa imperturbada duración: as maternidades, as panadeiras, as tres grazas, as paisaxes, as naturezas mortas; temas que se presentan desde unha análise de enorme rigor que pode parecer inxenua porque evidencia as virtudes sinxelas ou os feitos típicos da vida local, pero que posúe unha forte carga analítica.