rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO post COVID-19. Medidas e servizos

MARCO post COVID-19. Medidas e servizos

Datas: 
21 maio 2020 - 31 decembro 2021


Medidas sanitarias de seguridade e protección ante Covid-19

XERAL

  • É obrigatorio o uso de tapabocas.
  • Manteña a distancia mínima interpersoal de 1.5 metros.
  • Utilice o xel desinfectante nas zonas habilitadas para tal fin.
  • Os bolsos de man ou mochilas terán un tamaño máximo de 30x30 cm.
  • Non está permitido entrar con alimentos ou bebidas.

SALAS E ESPAZOS DE TRÁNSITO DE VISITANTES

  • Siga a sinalización para circulación no interior do edificio.
  • Respecte a capacidade indicada para cada sala ou actividade, situadas en lugares visibles á entrada de cada espazo.
  • Non toque as obras e elementos en exposición, así como as superficies de vitrinas, peañas e carteis.
  • O uso do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, agás no caso de acompañantes de persoas dependentes.

BIBLIOTECA-CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

  • A Biblioteca-Centro de Documentación continúa aberta ás persoas usuarias, de xeito virtual.
  • Presencialmente, só mediante cita previa para investigadores, ata novo aviso.

SERVIZOS

  • O Restaurante-cafetería está aberto no seu horario habitual.
  • Os aseos, aseos adaptados e cambiador de bebés, están dispoñibles na planta baixa.
  • Está permitida a entrada de cans-guía.

INFORMACIÓN

  • Consulte a información sobre as exposicións e actividades nos códigos QR accesibles en cada sala ou espazo de tránsito.
  • Siga as indicacións do persoal do museo, dispoñible para calquera dúbida, consulta ou información complementaria.

TAMÉN NA REDE!

O MARCO continúa aberto tamén na rede, con información puntual e actualizada sobre a nosa programación e actividades na web www.marcovigo.com, e con interacción a través das nosas redes sociais.

Instagram: @museomarcovigo
Facebook: MuseoMARCOVigo
Twitter: @MARCOVigo3
YouTube: MARCO, Museo de Arte Contemporánea