rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
‘MICROMUNDOS’. Visitas e actividades para escolares

‘MICROMUNDOS’. Visitas e actividades para escolares

Datas: 
23 abril 2013 - 14 xuño 2013
Horario: 
Martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 13.30
Lugar: 
Laboratorio das Artes

VISITAS ESCOLARES
Exposición
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’

‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ é unha exposición colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane.

Artistas

Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miguel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trastoy

O título da exposición sérvese da ambigüidade e riqueza do termo ‘bosquexo’, como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.

Así, xunto a obras en distintos soportes, a mostra componse sobre todo de apuntamentos, bosquexos, e pezas inacabadas. ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ trae ás salas do Museo un conxunto de útiles e documentos —obxectos, cadernos de notas, esquemas, recortes de prensa, vídeos, fotografías, repertorios de imaxes, textos propios e alleos, xestos e materiais atopados...— que se sitúan na base ou, por así dicir, na zona de influencia de cada artista, do seu quefacer e da súa particular visión domundo.

A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos setenta. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais — debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografa, vídeo, instalación...— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras

VISITA Á EXPOSICIÓN

Para a visita á exposición, seleccionamos un número determinado de obras en cada unha das salas da planta baixa. A selección, así como o percorrido, pode variar en función das necesidades e características de cada grupo. Sinalamos a continuación algunhas pistas a xeito de exemplos dos conceptos, ideas e preguntas que se tratan en relación coas obras e co modo de traballo de cada artista.

PATIO 1

Berta Cáccamo

O taller como lugar – a ‘foto en vivo’ no museo – restos e pegadas que acaban compoñendo unha obra – probas de cor – experimentos – materiais e instrumentos para a pintura

Mauro Trastoy

Repetición xeométrica e orgánica – distintos soportes e materiais – instalación

GALERIA 1

Chelo Matesanz

Un tobogán de teas - reciclaxe – retais e teas como material artístico – a vida e a memoria dos obxectos – ámbitos familiares

Rosendo Cid

Postais + textos – penso logo imaxino – humor – ‘esculturas dun minuto’ con obxectos cotiáns

Tayone

Xogos de asociación – xoguetes – artistas urbanos – construímos historias – experimentos de cor

Rut Massó

Imaxinación – expresión – mundos ocultos – o espacio infinito – negro e gris – a luz – o sono

Beatriz Lobo

Micromundos – xogos de pistas – adolescencia

PATIO 2

Juan Loeck

Sinestesia – o que o ollo non ve – moldes e vaciados como proceso de tránsito – corpos no espazo – a idea do ‘infrafino’ – esculturas de xeo – xogos de percepción - dentro/fóra - cóncavo/convexo - cheo/baleiro

Isaac Pérez Vicente

A música – son e imaxes – caixa-paisaxe imposible de pechar – construccións intelectuais – alimentos do artista

GALERIA 2

Tatiana Medal

O valor da sombra – figuras recortables – luz proxectada – xogos de luz

Ignacio Pérez-Jofre

Onde está Wally ? – paseos urbanos – atención e observación – o dibujo na rúa – o valor da caligrafía – xogos de percepción e identificación de personaxes

Teo Soriano

Cadros en miniatura – ensaios – bosquexos – fragmentos – cálculo + improvisación – música de jazz – o azar

PATIO 3

Santiago Mayo

Maquetas – escalas - ensaios para obras en pintura e escultura – atención ao detalle

Doa Ocampo

OLLOS atención – xogos de pistas – a fotografía como material artístico – mirada caleidoscópica

Tamara Feijoo

OÍDOS atención - formas e sons na natureza – un paxaro-sorpresa – gabinete de curiosidades

GALERIA 3

Bosco Caride

Tramas xeométricas – proporcións – a cidade e a contorna urbana – debuxo + fotografía = pintura ?

Din Matamoro

Libros viventes – libros-escultura - apuntes – bosquexos – práctica do debuxo – pintura e cine

Marta Bran

Construír + debuxar + imaxinar – debuxos que constrúen historias – ilustración literaria - sorpresas

Juan Carlos Román

Pintura - o bosquexo pictórico – fases do bosquexo – atención ao proceso - historia da arte

Kiko Pérez

Equilibrio – xogos de percepción: ¿recta ou curva ? – cálculos xeométricos – formas esenciais

ROTONDA CENTRAL/PANÓPTICO

Miguel Mosquera

4 pezas nunha: sombra + volume + debuxo en lapis + serigrafía

O OBRADOIRO NO LABORATORIO DAS ARTES

No caso dos grupos de Infantil e Primaria, e en función do tempo dispoñible, a visita complétase cun obradoiro no ‘Laboratorio das Artes’ (a sala de didáctica situada no primeiro andar). Tomando como punto de partida unha das pezas de Din Matamoro (Galería 3), os participantes crean o seu propio librobosquexo, a partir de diversos materiais que cada un elixirá segundo as súas preferencias e os materiais dispoñibles no taller.

Previa cita no tel. 986 113900 / 113903 (Pilar Souto)