rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
NADAL 2018 no MARCO. OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL

NADAL 2018 no MARCO. OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL

Datas: 
26 decembro 2018 - 4 xaneiro 2019
Horario: 
de 12.00 a 14.00
Lugar: 
salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

 


OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL


Para público infantil e familiar
Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo (máximo 50 participantes por sesión)

Colabora: 

 

Datas:
Mércores 26, xoves 27 e venres 28 de decembro
Mércores 2, xoves 3 e venres 4 de xaneiro

A partir do mércores 26 de decembro, o MARCO ofrece obradoiros didácticos de Nadal dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición PANTOQUE, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.

Ao longo de 2018, a programación educativa do MARCO contou de novo co apoio de Obra Social “la Caixa”, tanto nas visitas e grupos de escolares, como en propostas para grupos con necesidades especiais, e obradoiros de verán. Tras a exposición de Xulio Verne, no último trimestre o programa para escolares xira ao redor da mostra “Pantoque”, mediante visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos). Con esta colaboración, que naceu con ánimo de continuidade, a Obra Social “la Caixa” pretende ofrecer actividades complementarias ao traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.

CALENDARIO SESIÓNS

Mércores 26 decembro
“Xogo de letras”. Actividades baseadas nas 8 letras que compoñen o título da exposición.

Xoves 27 decembro
“Libro-granalla”. Creación dun relato en forma de libro, con materiais reciclados producidos no mesmo obradoiro.

Venres 28 decembro
“Atrápame ese soño”. Mural colectivo construído por capas.

Mércores 2 xaneiro
“Quen está aquí?”. Collage de debuxo, pintura e fotografía.

Xoves 3 xaneiro
“Peixe-lápiz”. Obradoiro de escultura con obxectos atopados (I)

Venres 4 xaneiro
“Caixa-segredo”. Obradoiro de escultura con obxectos atopados (II)