rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
A Noite Branca

A Noite Branca

Datas: 
9 agosto 2013
Horario: 
de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 2.00

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O MARCO súmase á celebración da 'Noite Branca' o venres 9 de agosto, e amplía o seu horario de apertura ata as 02.00 da madrugada do sábado.

Os visitantes poderán desfrutar das dúas exposicións que nesta tempada se exhiben no Museo, e tamén sumarse ás visitas guiadas que cada hora, a partir das 20.00, ofrecerá o persoal de salas:

Visitas guiadas ás exposicións

'O BOSQUEXO DO MUNDO' na planta baixa

'PATRICIA ESQUIVIAS. Todas as tradicións son inventadas' no 1º andar

Horario: de 20.00 ata as 02.00,  cada hora en punto

Proxección audiovisual

'PROJECT MOSCOW' no salón de actos

Horario: en continuidade

A mostra colectiva 'O BOSQUEXO DO MUNDO' ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista. A individual de PATRICIA ESQUIVIAS, 'Todas as tradicións son inventadas', articula narracións a partir de experiencias persoais e acontecementos históricos ou culturais. Ademais, o salón de actos acolle 'PROJECT MOSCOW', coa proxección en continuidade de catro videocreacións que mostran as experiencias na capital rusa de catro artistas.

Pola súa banda, a tenda-librería RESCRÓMICA, en colaboración co MARCO restaurante&café, amplían tamén o seu horario de apertura e sacarán a arte á rúa na noite máis máxica dos Museos. No espazo da terraza, ao calor da música, o público poderá participar nun gran mural e desfrutar das fantásticas promocións que cafetería e librería teñen preparadas.