rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Nova adquisición Vitamin 3-D New Perspectives in Sculpture and Installation

Nova adquisición Vitamin 3-D New Perspectives in Sculpture and Installation

27 xaneiro 2010

 

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, inclúe nos seus fondos bibliográficos o catálogo Vitamin 3-D. Despois de que Phaidon lanzase as publicacións de Vitamin Ph, Vitamin D e Vitamin P, publica recentemente esta edición 3-D especializada en escultura e instalación contemporáneas, destacando os mellores traballos actuais e investigando as novas formas que estas disciplinas están a adoitar.

O catálogo analiza o traballo de 117 artistas os cales foron sinalados por comisarios e expertos en arte contemporánea como os máis relevantes do panorama contemporáneo. Inclúe textos de críticos, comisarios, historiadores, e creativos literarios que aportan unha gran variedade de perspectivas diferentes. Destaca o amplo abano de soportes, materiais, dimensións e conceptos das pezas artísticas seleccionadas.

O catálogo conta con 350 páxinas que inclúen ilustracións a cor de grande tamaño. Textos en inglés.