rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
O MARCO presenta unha nova liña de publicacións

O MARCO presenta unha nova liña de publicacións

Datas: 
6 marzo 2021
Horario: 
13.30

Os catálogos das exposicións de Celeste Garrido e Yolanda Herranz, editados en colaboración coa Deputación de Pontevedra, inician unha serie de publicacións sobre proxectos específico

Este sábado 6 de marzo, en vésperas do 8-M Día Internacional da Muller, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo presenta dúas das súas máis recentes publicacións, iniciando unha nova liña que dende a Dirección do MARCO se quere potenciar como ferramenta fundamental de investigación, documentación e difusión.

A serie iníciase cos catálogos das exposicións de Celeste Garrido e Yolanda Herranz, que foron posibles grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, no seu compromiso coa igualdade e coa presenza de mulleres artistas na programación e publicacións do Museo.

A presentación destas dúas publicacións inscríbese no convenio de colaboración asinado o pasado mes de xuño entre a Fundación MARCO e a Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo potenciar a igualdade e a visibilidade da muller no ámbito das artes.

Entre as accións contempladas neste convenio inclúese a promoción de iniciativas e obras de creadoras de recoñecida traxectoria, e neste caso, a produción de exposicións das artistas Yolanda Herranz e Celeste Garrido, así como o deseño, maquetación, edición e impresión das publicacións dedicadas a estas dúas autoras.

YOLANDA HERRANZ PASCUAL
…NO, AÚN NO… 

…NO, AÚN NO… foi o título da mostra de Yolanda Herranz Pascual no MARCO. Unha exposición que, xunto a obras recentes e outras xa históricas, presentaba propostas inéditas —nomeadamente a serie El arte sana/El arte cura (Autorretratos)— producidas especificamente para este proxecto, e que son reflexo da investigación e compromiso desta artista, integrante da Cátedra de Estudios Feministas da Universidade de Vigo, sobre a identidade individual e colectiva.

Publicación
Edición: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Fundación MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura y Deporte
Textos: Estrella de Diego, Miguel Fernández-Cid, Yolanda Herranz Pascual, Pilar Souto Soto
110 pp, cor, trilingüe (gal/esp/eng), 2020

Coa colaboración de

Exposición
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
6 marzo - 20 setembro 2020
Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

CELESTE GARRIDO
Os teus ollos din o que a túa boca cala 

Celeste Garrido ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. Esta mostra, específica para o MARCO, foi deseñada a partir dunha coidada selección de obras en distintos formatos que constrúen un relato en torno á temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbolo.

Publicación

Edición: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / MEIAC, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badajoz
Fundación MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura y Deporte
Textos: Miguel Fernández-Cid, Celeste Garrido, Pilar Souto Soto
110 pp, cor, trilingüe (gal/esp/eng), 2020

Coa colaboración de

Exposición

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo: 2 outubro 2020 – 4 abril 2021
MEIAC, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badajoz: abril - agosto 2020
Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo