rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Miguel Agudo - Poema-Problema, 2005. Foto: cortesía Fundación ONCE
Eugene Bavcar - El jardín invisible, 2005. Foto: cortesía Fundación ONCE
Miguel Ángel Campano - Pacífico, 2006. Foto: cortesía Fundación ONCE
Pete Eckert - Electroman, 2008. Foto: cortesía Fundación ONCE
Sebastián Ferreira - Sin Título, 2009. Foto: cortesía Fundación ONCE
Cristina García Rodero - Shangai, 2002. Foto: cortesía Fundación ONCE
Dan Miller - Sin Título, 2007. Foto: cortesía Fundación ONCE
Donald Mitchell. Sin título, 2001. Tinta sobre papel, 56x76 cm. Foto: cortesía Fundación ONCE
Paloma Navares - Habitación propia. Virgina Woolf, 2008. Foto: cortesía Fundación ONCE
Gerardo Nigenda - Contactos sublimes, 2007. Foto: cortesía Fundación ONCE
Carmé Ollé - Jaque Mate, 2008. Foto: cortesía Fundación ONCE
Ofelia Ontiveros - Interacciones, 2008. Foto: cortesía Fundación ONCE

O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade

Ficha

Datas: 
3 xuño 2016 - 4 setembro 2016
Lugar: 
Laboratorio das Artes (1º andar)
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
Organizada por Fundación ONCE
Comisariado: 
Mercé Luz Arqué

Miguel Agudo, Eugene Bavcar, Miguel Ángel Campano, Pete Eckert, Sebastián Ferreira, Cristina García Rodero, Germán Gómez, Dan Miller, Donald Mitchell,Paloma Navares, Gerardo Nigenda, Carme Ollé i Coderech, Ofelia Ontiveros, Luis Pérez-Mínguez, Rodrigo Raimondi, Ricardo Rojas, Ángel Rojo, Rafael Sanz Lobato,Judith Scott, Belén Serrano, Gonzalo Torné, Juan Torre

A exposición 'O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE, que formaron parte das Bienais Internacionais de Arte Contemporánea organizadas pola devandita entidade.

A partir do 3 de xuño e ata o 4 de setembro, o espazo denominado ‘Laboratorio das Artes’, situado no primeiro andar do MARCO, acolle esta mostra, acompañada dun programa educativo que se desenvolverá en paralelo á exposición.

Con esta exposición, Fundación ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas profesionalmente co mundo da arte ou que non tiveron a oportunidade de visitar a Bienal de Arte Contemporánea que organiza a entidade.

A mostra está formada por unha selección de obras de artistas con algún tipo de discapacidade (física, sensorial, intelectual e enfermidade mental) ou ben de creadores que, sen teren discapacidade, utilizan esta como tema de inspiración e motor das súas creacións, incidindo deste modo na lexitimidade da diferenza e o matiz enriquecedor que esta dualidade leva consigo, de onde xorde o subtítulo “dúas miradas sobre unha mesma realidade”. Así, a selección de obras e artistas presenta ao espectador unha multiplicidade de puntos de vista na interpretación da discapacidade.

Os visitantes poderán gozar dunha mostra que xa percorreu cidades como Barcelona, Alacante, San Sebastián, A Coruña ou Badaxoz, cunha selección de obras de artistas que ofrecen un discurso estético plural e sensible.

No caso do MARCO, grazas ao patrocinio da Fundación ONCE, durante os meses de xuño e xullo desenvolverase, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e ás súas familias.

+ info en: http://www.marcovigo.com/content/o-mundo-fl-e-d-miradas-sobre-unha-mesma-realidade
              http://www.elmundofluye.es/

Bienal de Arte Contemporánea Fundación ONCE

Un dos obxectivos da Fundación ONCE dende a súa creación hai máis de 25 anos, é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todas as ordes da vida. A Fundación ONCE centra grande parte dos seus esforzos na inserción laboral das persoas con discapacidade, sendo consciente de que non poden esquecer outros ámbitos como a cultura para conseguir a total normalización na vida das persoas que conforman este colectivo.

Por esta razón a Fundación ONCE organizou en Madrid, no ano 2006 a I Bienal Internacional de Arte Contemporánea Fundación ONCE, un ambicioso proxecto cuxo obxectivo primordial é recoñecer e difundir a obra de artistas con algún tipo de discapacidade, así como potenciar o seu acceso e participación no mercado da arte.

Esta misión está en liña cos dous obxectivos claves de Fundación ONCE: a accesibilidade, traballando polo concepto de accesibilidade universal e polo goce da cultura en igualdade de condicións; e a inclusión, procurando o acceso dos artistas con discapacidade ao circuíto do mercado da arte, e conseguindo así a súa integración social e laboral.

Pero tamén se pretendía provocar a atención do mundo da cultura e a arte sobre a realidade do mundo da discapacidade e o seu enorme potencial. Debido ao éxito obtido na I Bienal, e co ánimo de continuar cos obxectivos previstos, a Fundación ONCE volveu apostar pola organización de novas edicións. Así, a VI Bienal de Arte Contemporánea foi xa inaugurada en varios espazos de Madrid, onde se poderá visitar do 25 de maio ao 11 de setembro de 2016.

Esta VI Bienal, cuxo fío condutor é a tecnoloxía na arte, vertébrase en torno a unha exposición de artes plásticas (CentroCentro Cibeles) e unha serie de actividades paralelas que inclúe ciclos de artes escénicas con teatro, danza e música (La Casa Encendida, Teatro Valle-Inclán); cinema (Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas) e obradoiros de formación artística, en calquera das súas disciplinas.

+ INFO en http://bienal.fundaciononce.es/vi-bienal

Información e visitas

Alén do programa específico de visitas-obradoiro, o persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

  • Todos os días á 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

    Fotografía de portada e miniatura: 
    Donald Mitchell. Sin título, 2001 (detalle). Tinta sobre papel, 56x76 cm. Foto: cortesía Fundación ONCE

Comisariado

Mercé Luz Arqué

Xefa do Departamento de Cultura e Ocio de Fundación ONCE