rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Oliver Añón. Perspectivas sociais dun loro; 7 propostas para unha flexión

Oliver Añón. Perspectivas sociais dun loro; 7 propostas para unha flexión

Ficha

Datas: 
30 maio 2008 - 31 agosto 2008
Lugar: 
Espazo Anexo
Horario: 
martes a sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 14.00
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Iñaki Martínez Antelo

Obras en exposición

O proxecto de Oliver Añón para o Espazo Anexo do MARCO consiste nunha peza videográfica colectiva, unha estrutura de ficción elaborada a partir da colaboración de sete 'supostos' autores, que se completa con catro cortes de vídeo, debuxos e textos que funcionan como documentación do proxecto.

Perspectivas sociais dun loro; 7 propostas para unha flexión
Raúl Esteche / Manuel Aveño / Tréroigne de Lacombe / Rodrigo Rodríguez / Jorge Amaru e Soledad Garibaldi / Virginia Castellanos e Joséphine de Méricourt / Anita Otto-Peters

 

Síntese do proxecto

Unha estrutura de ficción, unha composición fílmica a partir do traballo dunha colectividade inconexa e inexistente, é o núcleo do proxecto de OLIVER AÑÓN para o Espazo Anexo. Tal estrutura é a dunha peza videográfica elaborada a partir da colaboración de sete 'supostos' autores. O proxecto aglutina, como engadido arredor da película, catro cortes de vídeo así como debuxos e textos, que funcionan como documentación acerca dos espazos ou lugares de traballo de cada un dos autores que colaboran na película.

No lugar central do interior do Espazo Anexo construíuse unha pequena sala de proxección, onde se exhibe en continuidade a película completa, composta a partir dos fragmentos dos seus autores -isto é, o propio artista nun exercicio de simulación e re construción. En torno a esta sala, e tamén dentro do espazo expositivo, catro monitores reproducen cortes de vídeo como documentación de catro dos autores do filme colectivo: Tréroigne de Lacombe, Rodrigo Rodríguez, Jorge Amaru & Soledad Garibaldi, e Virginia Castellanos & Joséphine de Méricourt. Xunto a estes, dúas mesas mostran debuxos con segmentos de imaxes que se corresponden cos estudios e lugares de traballo dos outros tres autores: Raúl Esteche, Manuel Aveño e Anita Otto-Peters.

Máis alá da distinción xenérica entre realismo e ficción, do documental como rexistro verídico ‘do real' fronte á fantasía do imaxinario, a imaxe videográfica aparece aquí configurada dende o mestizo dunha tecnoloxía, dende un aparato para unha construción (non xa captura) da imaxe. Xunto á imaxe que se ve, a reflexión; xunto a un ollo sorprendido polo espectáculo, un exercicio de recomposición da imaxe. Oliver Añón leva a cabo unha experiencia de recoñecemento a partir da imitación -de aí a referencia ao loro no título do proxecto- entendendo a mímese non só como un problema visual senón tamén ideolóxico.

Artistas

Oliver Añón

Oliver Añón é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Pontevedra (2000-2005). Doutorado ‘Tiempos y lugares del arte contemporáneo' na Universidad de Barcelona (2005-2007). Ciclo Superior de Realización Audiovisual, Cinematográfica y Multimedia (2006-2007). Curso de Postproducción no lineal y Composición Digital (2006-2007).


Exposicións e premios

  • ‘Ilustración para un apunte a las teorías de la Gestalt'; proxecto específico para Art Notes_20, en colaboración con Fundación Caixa Galicia, 2008

  • ‘Dentro puede haber un cocodrilo'; exposición individual, Sala AlterArte, Universidade de Ourense, 2007-2008

  • ‘Espacios vitales. Arte y creación en la UAM'; exposición colectiva, Universidad Autónoma de Madrid, 2007

  • Participación nas xornadas de encontro organizadas en paralelo á exposición ‘Espacios vitales. Arte y creación en la UAM', Mesa redonda: ‘(Des)montaje del espacio. Espacio en movimiento', Universidad Autónoma de Madrid, 2007

  • LOOP Festival 07, Barcelona, 2007

  • II Festival de videoarte ‘Montaditos', Universidad de Alcalá, 2007

  • 1º premio ‘L'endemá 2007', III Muestra de cortometrajes y videocreaciones L'endemá 2007

  • II Festival Multimedia de Galicia, 2006

  • Espacio Movistar, Forum de Barcelona, 2006

  • ‘L'Eté Photographique de Lectoure', Francia, 2006

  • ‘Laberinto de Museos'; exposición colectiva, Instituto Cervantes, Pequín, China, 2006

  • LOOP Festival 06, Barcelona, 2006

  • 2º premio ‘Nontzefilm 2006'. Participación no FANT (Festival de Cine Fantástico de Bilbao) dentro do espazo Nontzefilm, 2006

  • Capítulo 25 do programa FEEDBACK TV, emitido en La Otra de Telemadrid

  • Bolsa Novos Valores 2006 (Deputación de Pontevedra)

  • Obra seleccionada (nas categorías de vídeo e escultura) no Certame ‘Novos Valores 2006'; exposición no Museo de Pontevedra, 2006

  • Obra seleccionada no proxecto de David Armengol e Manuel Segade, Museu Miquel Casablancas, Barcelona

  • II Convocatoria Feedback de arte contemporáneo; exposición colectiva, Galería Arteveintiuno, Madrid, 2006

  • ‘Urbanitas'; exposición colectiva, MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 2006

 

Texto curatorial

Unha estrutura de ficción, unha composición fílmica a partir do traballo dunha colectividade inconexa e inexistente, é o núcleo do proxecto de OLIVER AÑÓN para o Espazo Anexo. Tal estrutura é a dunha peza videográfica elaborada a partir da colaboración de sete 'supostos' autores. O proxecto aglutina, como engadido arredor da película, catro cortes de vídeo así como debuxos e textos, que funcionan como documentación acerca dos espazos ou lugares de traballo de cada un dos autores que colaboran na película.

No lugar central do interior do Espazo Anexo construíuse unha pequena sala de proxección, onde se exhibe en continuidade a película completa, composta a partir dos fragmentos dos seus autores —isto é, o propio artista nun exercicio de simulación e re construción. En torno a esta sala, e tamén dentro do espazo expositivo, catro monitores reproducen cortes de vídeo como documentación de catro dos autores do filme colectivo: Tréroigne de Lacombe, Rodrigo Rodríguez, Jorge Amaru & Soledad Garibaldi, e Virginia Castellanos & Joséphine de Méricourt. Xunto a estes, dúas mesas mostran debuxos con segmentos de imaxes que se corresponden cos estudios e lugares de traballo dos outros tres autores: Raúl Esteche, Manuel Aveño e Anita Otto-Peters.

Máis alá da distinción xenérica entre realismo e ficción, do documental como rexistro verídico ‘do real' fronte á fantasía do imaxinario, a imaxe videográfica aparece aquí configurada dende o mestizo dunha tecnoloxía, dende un aparato para unha construción (non xa captura) da imaxe. Xunto á imaxe que se ve, a reflexión; xunto a un ollo sorprendido polo espectáculo, un exercicio de recomposición da imaxe. Oliver Añón leva a cabo unha experiencia de recoñecemento a partir da imitación —de aí a referencia ao loro no título do proxecto— entendendo a mímese non só como un problema visual senón tamén ideolóxico.

Texto artista

Esta película é o resultado dunha proposta de colaboración con diversos autores do ámbito audiovisual. Recorreuse a fragmentos do seu traballo videográfico cos que poder levar a cabo a montaxe da película no seu conxunto:

Raúl Esteche

Cesión a un terceiro, Guillermo Lezcano, do traballo videográfico a realizar para a proposta deste filme colectivo, baixo a condición de poder revisar (subtitular e realizar engadidos) no devandito material achegado por un terceiro.

Manuel Aveño

Plano secuencia en catro cortes.Exercicio (de cámara) previo.

Tréroigne de Lacombe

Recuperación de 03' 04'' de metraxe en vídeo procedente de diversas fontes, que permanecen pouco dispostas á súa emisión (por iso se recorre aquí á apropiación de imaxes).

Rodrigo Rodríguez

Recuperación de 6 cortes de metraxe de gravacións domésticas de videoafeccionado (breves descansos no campo e algunha toma de espazos urbanos).Engadido de fragmentos de pezas en rexistro documental, nas que se efectuou unha apropiación e manipulación das imaxes anteriores.

Jorge Amaru e Soledad Garibaldi

De nacionalidade boliviana; desprazamento á cidade de Barcelona; localización topográfica dunha rúa de nome Bolivia; realización dunha pintada no muro da devandita rúa.

Virginia Castellanos e Joséphine de Méricourt

Rodaxe (ao natural).

Anita Otto-Peters

Maio Xuño.

Comisariado

Iñaki Martínez Antelo


Iñaki Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1969) é director do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, dende o 18 de novembro de 2005. É licenciado en Historia da Arte Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidade Autónoma de Madrid. Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, viña desempeñando o cargo de responsable de exposicións do MARCO, ata que, tras un concurso público, foi designado director a finais de 2005. En febreiro de 2011 é elixido presidente da Asociación de Directores de Arte Contemporáneo de España.