rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PANTOQUE

PANTOQUE

Ficha

Datas: 
16 novembro 2018 - 31 marzo 2019
Lugar: 
Salas de exposición da planta baixa
Horario: 
martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo


Pantoque
. m. Mar. Parte exterior do casco do barco que, xunto á quilla, forma o fondo.

A idea primixenia de PANTOQUE é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración creativa que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro. A través da observación da actividade diaria e a relación do home co feito construído e o mar, ambas as dúas linguaxes interrelaciónanse na busca dun lugar común.

O espazo elixido son os Astilleros Armada, situados en Bouzas, Vigo, dende os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade. O proxecto parte da experimentación creativa sobre o espazo arquitectónico e o traballo dos operarios no estaleiro. Lugar, Arquitectura, Mar e Factor Humano.

En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller aos Estaleiros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade do estaleiro tamizada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción. O proceso convérteos nun só home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire e o vídeo e a fotografía documentan.

Artistas

Ramón Trigo, artista plástico
Eduardo Armada, fotógrafo e realizador audiovisual
Ramón Trigo, artista plástico
Eduardo Armada, fotógrafo e realizador audiovisual
Pantoque. m. Mar. Parte exterior do casco do barco que, xunto á quilla, forma o fondo.