rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PREMIO NOVOS COMISARIOS 2011

PREMIO NOVOS COMISARIOS 2011

Datas: 
25 marzo 2011

OBXECTO DO CONCURSO


O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e o 49 Nord 6 Est - Frac Lorraine (Fonds régional
d’art contemporain de Lorraine) de Metz, convocan o Premio MARCO/Frac Lorraine destinado a novos comisarios de exposición. Ofrece aos participantes a oportunidade de propor un proxecto centrado nun tema de reflexión orixinal e persoal, así como a súa realización nos espazos de exposición do MARCO (1º andar) e do Frac Lorraine.

A proposta haberá de se inscribir dentro do campo da creación artística contemporánea e queda
aberta a todas as formas de creación. Poderanse incluír obras da colección do Frac Lorraine, que se pode visitar na páxina http://collection.fraclorraine.org. Esixirase a participación de polo menos dous artistas. A mostra deberá estar acompañada ou constituída por un programa de actividades que abra un novo espazo de reflexión sobre o tema abordado.

O proxecto gañador disporá dun orzamento máximo de 30.000 € para cada unha das sedes. A exposición terá lugar entre os meses de xaneiro e abril de 2012 no Frac Lorraine (Metz, Francia) e os meses de xuño a setembro de 2012 no MARCO (Vigo, España).

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN


Poderanse presentar ao concurso os/as comisarios/as nados a partir do ano 1971, inclusive. Se a
proposta é autoría dun colectivo, haberá de nomearse a un representante que actuará de mediador. Os comisarios non poderán participar en calidade de artistas no proxecto. Non se poderá presentar máis dun proxecto por autor, que deberá ser inédito e contemplar a participación de dous ou máis artistas

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA (en PDF)


Documentación administrativa

-Nome, enderezo, teléfono e correo-e
-Curriculum Vitae abreviado
-Fotocopia do documento de identidade ou pasaporte
-Proxecto artístico (10 p. Máximo)

Proxecto artístico

-Título
-Presentación sintética do tema tratado e da articulación das obras
-Listaxe de artistas incluídos na mostra (indicando nacionalidade e data de nacemento
-No caso de obras preexistentes: ficha técnica e imaxe das obras
-No caso de obras producidas especificamente para esta exposición: descrición e características principais
-Deseño expositivo axustado ás dimensións das salas de ambas sedes. Pódense solicitar os planos detallados en info@marcovigo.com e en coordination@fraclorraine.org
-Orzamento provisional detallado do proxecto, ata un máximo de 30.000 € para cada sede, tendo en conta os gastos de trasporte entre ambas, impostos incluídos

ELABORACIÓN DO ORZAMENTO


O orzamento SI deberá incluír

-Gastos derivados da produción das obras e honorarios dos artistas
-Gastos de seguro, transporte de obras e materiais e itinerancia entre ambas sedes
-Gastos de montaxe ou acondicionamento da sala
-Gastos de desprazamento e aloxamento dos artistas participantes

O orzamento NON deberá incluír

-Deseño e impresión de material promocional de prensa e publicidade
-Persoal técnico de montaxe
-Equipamento técnico audiovisual
-Gastos de aloxamento do comisario gañador durante a súa estadía en Metz e Vigo e durante a súa residencia de traballo

PRAZO LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS


Venres día 25 de marzo de 2011, ás 19.00
Non se aceptarán proxectos recibidos con posterioridade a esta data.

ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN


A documentación enviarase en PDF exclusiva e simultaneamente aos seguintes enderezos: info@marcovigo.com e coordination@fraclorraine.org, especificando no asunto do e-mail PREMIO NOVOS COMISARIOS. Non será tomada en consideración a información recibida só nunha das sedes. O proxecto deberá ser enviado preferiblemente en inglés, aínda que serán aceptados os proxectos enviados en francés, castelán en galego.

XURADO


O xurado seleccionará no mes de maio de 2011 o proxecto gañador e dous finalistas. A decisión do xurado será inapelable. Se o xurado así o estimase, o premio poderá ser declarado deserto. Os criterios de valoración das propostas terán en conta a calidade e a adecuación ás características do primeiro andar do MARCO como sala de exposicións e as salas de exposicións do Frac Lorraine.

O xurado estará integrado por:

-Béatrice Josse, directora do 49 Nord 6 Est - Frac Lorraine
-Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

A resolución do xurado farase pública durante o mes de maio de 2011 e comunicarase a todos os participantes por correo electrónico.

ACEPTACIÓN DO PREMIO


Establécese un prazo de 10 días naturais para a aceptación do premio por escrito. No caso de non ser aceptado, o premio concederáselle ao segundo clasificado.

FUNCIÓNS DO COMISARIO


O/a comisario/a do proxecto gañador asinará un contrato coa Fundación MARCO e o Frac Lorraine que lle compromete a atender as funcións derivadas do comisariado dunha exposición especificadas no mesmo e referidas, entre outras, á selección e localización das obras, ao deseño da exposición, á supervisión das relacións entre os artistas e os prestadores e da produción, á participación na redacción do material de prensa do evento e, no seu caso, á selección de actividades paralelas e á dirección editorial do catálogo (redacción de a lo menos un texto), se o houbese.

O proxecto gañador servirá de base de traballo ao comisario e aos directores do MARCO e do Frac
Lorraine co fin de que os proxectos definitivos presentados en Vigo e Metz sexan o resultado deste intercambio. Para que así sexa, o comisario gañador será invitado en residencia a Metz e/ou Vigo durante un período mínimo dun mes entre xuño e setembro de 2011, en datas fixadas segundo dispoñibilidade e de acordo coas institucións.

HONORARIOS


O comisario do proxecto gañador recibirá a cantidade de 7.000 €, impostos incluídos, en concepto de honorarios. Abonaranse en tres prazos: o 40% no momento da sinatura do contrato da exposición, o 30% tras a inauguración no Frac Lorraine, e o 30% restante tras a inauguración no MARCO.

A Fundación MARCO e o Frac Lorraine non se farán cargo dos gastos de desprazamento do comisario, que se consideran incluídos nos honorarios. En contrapartida, as dúas institucións faranse cargo dos gastos derivados da estadía en Vigo e Metz, respectivamente.

ACEPTACIÓN DAS BASES


A participación neste certame supón a total aceptación destas bases.
A organización resérvase o dereito de resolver, na forma en que considere oportuna, calquera
situación non prevista nestas bases.