rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Presentación

Proxecto Documentando o MARCO

Iniciado en 2008, trátase dun proxecto baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico. O obxectivo é recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a 'memoria viva' do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.