rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Presentación de libro

Presentación de libro

Datas: 
4 outubro 2013
Horario: 
20.00
Lugar: 
salón de actos

Presentación do libro
Mis padres: Romeo y Julieta (Pre-textos, 2013), de Pablo Fidalgo Lareo
Intervienen: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Pablo Fidalgo Lareo
MARCO, salón de actos

Viernes 4 de octubre, a las 20.00

“A publicación do libro Mis padres: Romeo y Julieta (Pre-textos, 2013), é o inicio dun proxecto sobre a memoria familiar e a memoria política, que pretende reconstruír e reescribir a historia de Espanha a partir da historia de amor dos meus pais. Meus pais resumen, na miña opinión, a historia dunha xeración perdida, que se creu unha falsa transición e que se desencantou demasiado pronto da política, ou que, quizais simplemente, nunca sentiu que puidese transformar o mundo. Por outra banda, a miña xeración empeza a ser consciente de que o máis importante foi sempre silenciado, e de que se non levantamos as ruinas do sur de Europa seremos definitivamente sepultados por elas. Mis padres: Romeo y Julieta, é un poema extenso sobre os últimos 40 anos da vida dunha familia, e ao mesmo tempo un estraño poema político, un Ouveo para o século que vén. “

Pablo Fidalgo Lareo é un dos participantes na exposición VERANEANTES, que o venres 11 de outubro se inaugurará nas salas da planta baixa do MARCO. A exposición inclúe un programa de artes escénicas e cinema (‘Material memoria’), comisariado por Pablo Fidalgo, nun dos Patios da planta baixa. Como inicio do devandito programa, o día 12 de outubro estréase o seu performance O estado salvaxe. Espanha 1939, directamente relacionada co libro.

Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) escribiu o libro La educación física (Pre-textos, 2010), elixido por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados en 2010 en España. En 2012 gaña o Premio Injuve de poesía polo libro La retirada. Publicou o libro de artista El tiempo de las tragedias absurdas (Fundación Cuña-Casasbellas, 2012). Os seus textos figuran en varias antoloxías, e foron traducidos ao portugués, francés, polaco, inglés e persa. Participou no Festival Internacional de Poesía Cosmopoética 2007 en Córdoba, e no Festival Internacional de Poesía de Barcelona 2011, entre outros. Colabora como comisario independente co MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Entre 2004 e 2013 formou parte da compañía La tristura.

www.pablofidalgo.com