rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Presentación de tres curtametraxes de Juan de la Colina

Presentación de tres curtametraxes de Juan de la Colina

Datas: 
8 febreiro 2019
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
18.30
Prezo: 
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo


Organiza: AAM Agrupación Amig@s MARCO
Estrea absoluta do documental “MARUXA” (2019).
Proxección de dúas curtametraxes experimentais/documentais do mesmo autor: “CORTÁZAR GALICIA” (2014) e “13 ESTAMPAS DA TRAIZÓN” (2017)
Coloquio posterior

CORTÁZAR GALICIA
(España, 2014)
Dirección: Juan de la Colina. Textos: Julio Cortázar. Guión: Andrea Vázquez, Damián Varela e Juan de la Colina. Dirección de fotografía: Damián Varela. Montaxe: Andrea Vázquez. Produción: miramemira. Actores: José Luis Ducid e Mark Wiersma. Dur: 17’
As fotografías e os textos sobre as viaxes que o escritor arxentino Julio Cortázar -acompañado da súa primeira muller, a tamén escritora Aurora Bernárdez-, fixo a Galicia nos anos 1956 e 1957, son a base desta curta experimental.
A través dun xogo benjaminiano de interpretación (e materialización) libre entre o pasado e o presente, o filme percorre os lugares que Cortázar visitou.


13 ESTAMPAS DA TRAIZÓN
(España, 2017)
Dirección, guión e dirección artística: Juan de la Colina. Realización e montaxe: José Luis Ducid. Edición de audio: Alfonso Camarero. Gráfica: David Carballal. Actores: Mateo Franco (estudante), Luisa Doval (muller na auga), Hernán Cubillo (bebé). Dur: 15’
13 estampas da traizón é un documental que vira en torno ao álbum de debuxos -Trece estampas de la traición- que Luis Seoane realizou desde o exilio arxentino, en plena Guerra Civil, co obxectivo de recadar fondos para a Fronte Popular Español.
Partindo da denuncia que o artista galego fai dos responsables do golpe de estado de 1936 e a consecuente situación sufrida pola poboación civil, a curtametraxe analiza -desde unha poética contemporánea- o contexto histórico no que se publicou a obra, así como as circunstancias biográficas que determinaron o posicionamento político, ético e estético do autor.

MARUXA [Estrea absoluta]
(España, 2018)
Dirección, guión, dirección artística e produción: Juan de la Colina. Realización e montaxe: José Luis Ducid. Ayudante de realización: Paula Gómez de la Fuente. Edición de audio: Alfonso Camarero. Gráfica: David Carballal. Banda sonora (con voz de Maruxa Seoane): Pao Durán. Dur: por determinar (circa de 30')
Trátase dun documental que afonda na figura de María Elvira Fernández López (A Coruña, 1912 - 2003). “Maruxa”, compañeira inseparable de Luis Seoane, e persoa clave na súa carreira que, tras o falecemento do artista en 1979,  dedicou a vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminará en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Fotografía de portada: Fotograma da película Cortázar Galicia (detalle). Fonte: CGAI.

+ INFO http://juandelacolina.com/