rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Presentación e inicio do Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE

Presentación e inicio do Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE

Datas: 
22 outubro 2019
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.00

Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais

Sesión 1, con Mar Caldas e Andrea Costas

Presentación e inicio do ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE. Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais, organizado e promovido dende a AAM.

Trátase dun ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional. Son a moitas as artistas que no amplo campo do audiovisual están xerminando e non sempre son ben coñecidas ou valoradas. Por iso, a Agrupación de Amig@s do MARCO quere darlles unha maior visibilidade, mediante un formato de charlas e encontros, coa participación de dúas artistas en cada sesión, que terán lugar periodicamente no salón de actos do MARCO.

Fotografía do cartaz: Iria Vázquez L.