
Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días
Dentro do contexto de divulgación da arte contemporánea levado a cabo polo MARCO, este curso ten como obxectivo analizar a arte producida nas últimas catro décadas. Sen deixar de percorrer as prácticas artísticas máis relevantes deste período, prestarase especial atención á nova orde sobre a que estas se acomodan ou contra o que se revolven: os profundos cambios da institución (o museo e as novas estruturas temporais de validación); o rol do espectador e a influencia crecente dos novos axentes artísticos (cuxo epítome será a figura do comisario); ou a esfera pública como espazo de liberación
O ton do curso moverase por diferentes intensidades, de maneira que cada sesión non perda a súa autonomía nin estea suxeita a cronoloxías nin aos lugares comúns establecidos pola historiografía oficial. En definitiva, irase construíndo un discurso subxectivo que abrangue fitos socio-culturais, prácticas artísticas localizadas nun espazo/tempo preciso, traxectorias persoais de especial relevancia, conexións e confluencias entre o que entendemos comunmente por arte e outras disciplinas
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Datas: do 27 de outubro de 2011 ao 31 de maio de 2012
Lugar: salón de actos
Horario: xoves, de 19.30 a 21.00
Docente: Juan de Nieves [comisario independente, crítico de arte, ex-director do EACC Espai d’Art Contemporani de Castelló]
Nº sesións: 23 (descontados festivos e outros eventos)
NOTA: durante a tempada 2011-12, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes xoves:8, 15 e 29 de decembro, 5 de xaneiro, 9 e 16 de febreiro, 1 de marzo, 5 de abril. Así mesmo, o programa-calendario das sesións pode ofrecer variacións en canto a contidos de cada sesión e ao seu desenvolvemento temporal.
Prezo matrícula: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes da Universidade de Vigo, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
PROGRAMA-CALENDARIO
Sesión 1 (xoves 27 outubro)
Introdución: contexto histórico e metodoloxía utilizada
Sesión 2 (xoves 3 novembro)
Novas formas de modernidade na era global. ¿Altermodern?
Sesión 3 (xoves 10 novembro)
O fenómeno da bienalización
Sesión 4 (xoves 17 novembro)
Facer museo. Os novos retos da institución
Sesión 5 (xoves 24 novembro)
Museo e estratexias educativas. A cuestión das audiencias
Sesión 6 (xoves 1 decembro)
Novos modelos expositivos e curatoriais
Sesión 7 (xoves 22 decembro)
Comportamientos procesuais na arte recente. Prácticas relacionais
Sesión 8 (xoves 12 xaneiro)
Arte, sociedade e tecnoloxía
Sesión 9 (xoves 19 xaneiro)
Xénero, identidade e cultura visual
Sesión 10 (xoves 26 xaneiro)
Postmodernidade. A explosión das subxectividades
Sesión 11 (xoves 2 febreiro)
Formas de acción colectiva. Activismos
Sesión 12 (xoves 23 febreiro)
Tendencias neoexpresionistas e transvangarda na década dos oitenta. Incidencia na escena galega
Sesión 13 (xoves 8 marzo)
Formas de ver e experimentar a cidade. Extensións do Situacionismo nos anos setenta. Modos de actuación na esfera pública
Sesión 14 (xoves 15 marzo)
Marcel Broodthaers como precursor da crítica institucional
Sesión 15 (xoves 22 marzo)
Arte conceptual nas marxes. Conceptualismo en América Latina
Sesión 16 (xoves 29 marzo)
Territorios de confluencia dende o cine, o vídeo, o son, a performance e a danza. As escenas norteamericana e europea nas décadas dos sesenta e setenta
Sesión 17 (xoves 12 abril)
As achegas de Bruce Nauman aos ámbitos da escultura, a instalación, o vídeo, a performance e a danza
Sesión 18 (xoves 19 abril)
Land art e arte povera
Sesión 19 (xoves 26 abril)
A desmaterialización do obxecto. Minimalismo e arte conceptual
Sesión 20 (xoves 3 maio)
O paso da action painting á arte de acción. Robert Morris e a noción de antiform
As vinte sesións impartidas por Juan de Nieves completaranse con outras tres, a cargo de relatores externos —artistas, comisarios, xestores culturais, e outros profesionais vinculados ao mundo da arte contemporánea— en torno ás cuestións e temas formulados no programa.
NOTA: as tres sesións de relatores externos poderán estar intercaladas no programa-calendario de sesións teóricas, e por iso variar nas súas datas, do que se avisará coa suficiente antelación.
Sesión 21 (xoves 10 maio)
Conversas sobre arte contemporánea
Relator/as: por confirmar
Sesión 22 (xoves 24 maio)
Conversas sobre arte contemporánea
Relator/as: por confirmar
Sesión 23 (xoves 31 maio)
Conversas sobre arte contemporánea
Relator/as: por confirmar