rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Programa “Xente Nosa”. Xosé M. García Palmeiro entrevista ao artista Manuel Colmeiro ©CRTVG 1987

Programa “Xente Nosa”. Xosé M. García Palmeiro entrevista ao artista Manuel Colmeiro ©CRTVG 1987

Datas: 
21 abril 2020 - 6 setembro 2020

O MARCO presenta na súa web unha serie de entrevistas históricas ao artista Manuel Colmeiro, concibidas como actividade complementaria da exposición “MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos”.

A segunda das entrevistas, procedente dos arquivos de CRTVG, foi realizada en 1987 e está dispoñible a partir de hoxe venres 24 de abril. 

#MARCOencasa #euquedonacasa

CRTVG
 “Xente Nosa”, 1987
Entrevista a Manuel Colmeiro en plató
Dirixido e presentado por: Xosé M. García Palmeiro

Cámaras: Antonio Pensado, José Ángel Fernández, Xoán Cuesta. Control de cámaras: Xavier Fernández. Iluminación: Alberto Medeiros. Son: Pepe Mato, Manuel Videira. Montaxe decorados: Manuel León, Xoán Gómez, Manuel Muíños. Decorados: B. Saa Rojo, A. Santos Zas. Maquillaxe: Geli Lorenzo. Relacións públicas: Eva Gabeiras. Grafismo electrónico: Ramón Teijelo. Produción: Casilda Piñeyro. Axudante realización: Tonio Caeiro, Pablo X. González. VTR: Les Villaverde. Realización: Rubén G. Loureda.

Duración: 33’26’’
© Televisión de Galicia S.A., 1987

Entrevistas al artista Manuel Colmeiro
Actividade complementaria da exposición "Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos"
Coa colaboración de: RTVE, CRTVG 

Durante todo o período da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, está previsto un conxunto de actividades paralelas e complementarias desta mostra, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos

Entre elas, destacan varias entrevistas realizadas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, que se están publicando periodicamente na web do museo dende o mércores 15 de abril. Asi, grazas á esta especial colaboración, o público ten acceso á obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa.

O seu interese reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artística. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición política do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil.

As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián. O traballo do noso pintor, como el subliña, teima en presentar as cousas comúns, o milagre da existencia na súa imperturbada duración: as maternidades, as panadeiras, as tres grazas, as paisaxes, as naturezas mortas; temas que se presentan desde unha análise de enorme rigor que pode parecer inxenua porque evidencia as virtudes sinxelas ou os feitos típicos da vida local, pero que posúe unha forte carga analítica.