rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para Novos Comisarios 2016

Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para Novos Comisarios 2016

Datas: 
31 xullo 2016

‘La timidez de la copa de los árboles’, de Beatriz Alonso

De xeito conxunto e simultáneo, as tres institucións organizadoras do Premio para Novos Comisarios: o MARCO de Vigo, o FRAC Lorraine (Fonds régional d'art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e o SFKM (Sogn og Fjordane Kunstmuseum) de Førde, Noruega, fan pública a decisión sobre a proposta gañadora da 7ª edición do Premio para Novos Comisarios (2016). O proxecto gañador, que ten como título provisional La timidez de la copa de los árboles [A timidez da copa das árbores], é unha proposta de Beatriz Alonso.

O Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para Novos Comisarios ofrécelles aos participantes a oportunidade de propoñer un proxecto centrado nun tema de investigación e reflexión persoal, así como a súa realización nos espazos do MARCO, o 49 Nord 6 Est-FRAC Lorraine e o SFKM.

O xurado —composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, Ingrid Norum, comisaria do SFKM e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO— tomou a súa decisión tras teren analizado un total de 116 propostas recibidas dende máis de 36 países diferentes, que foron avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características dos tres espazos expositivos. A orixinalidade da tese defendida e a pertinencia das referencias propostas foron tamén determinantes para a selección do proxecto gañador.