rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Quen vive aquí?. OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

Quen vive aquí?. OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

Datas: 
2 xullo 2019 - 31 xullo 2019
Horario: 
Martes, mércores, xoves e venres, (agás xoves 25), de 12.00 a 14.00 (hora límite de entrada ás 12.15)
Lugar: 
Laboratorio das Artes (1º andar) e salas de exposición


Para público infantil e familiar
Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo (máximo 50 participantes por sesión)

Colabora: 

A partir do martes 2 de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición DESTACADOS, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.

Unha forma diferente de crear e compartir experiencias neste tempo estival… Úneste?