rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Reapertura Biblioteca-Centro de Documentación

Reapertura Biblioteca-Centro de Documentación

19 outubro 2021

A partir do 19 de outubro, unha vez finalizados os traballos de remodelación, adaptación de espazos e catalogación de fondos, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO abre de novo ao público.

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, inaugurada en 2004 e situada no 1º andar do Museo, é un servizo gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

O fondo bibliográfico ascende a 6.750 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.

NOVO horario apertura:

Martes, de 11.00 a 14.00
Mércores, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
Xoves, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00

Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario
Enviar un correo-e a: centro.documentacion@marcovigo.com e esperar confirmación.