rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Region 0. The Latino Video Art Festival of New York

Region 0. The Latino Video Art Festival of New York

Datas: 
3 xullo 2012 - 1 setembro 2012
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos). Programa A, de 17.00 a 19.00. Programa B, de 19.00 a 21.00
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
de balde

A partir do martes 3 de xullo, o salón de actos do MARCO acolle o Festival de Videoarte Latino REGION 0. Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais na área da creación audiovisual, e que é resultado de múltiples enfoques conceptuais e procesuais dos seus creadores, dentro dunha ampla mostra na que teñen cabida diversas formas de expresión dentro da videoarte.

COMISARIADO E SELECCIÓN DE ARTISTAS


Eva Mendoza Chandas

COORDINACIÓN


Laura Turégano e Eva Mendoza Chandas

ARTISTAS

Esther Achaerandio, Carlos Aguasaco, Vicente Blanco, Lucas Borràs, Laia Cabrera, Mar Caldas, Marcos Calvari, Jorge Catoni, Juanma Carrillo, Marco Casado, Caroline Conejero, Iván Cortázar, Isabelle Duverger, Nicky Enright, Mireia Feliu Fabra, Félix Fernández, Laura F. Gibellini, Gianfranco Foschino, Verónica Ruth Frías, Brais García, Cyro García, Raúl Gómez Valverde, Gwenn Joyaux, Diana Larrea, Albert Merino Gómez, Manuel Molina Martagón, Momu & No Es, José Vicente Navarro López, Yaco Neches, Lois Patiño, Patricio Ponce, Txuspo Poyo, Alejandro Ramírez Ariza, Andi Rivas, Sergio Roger, Estíbaliz Sádaba, Mario Sarramián, Antonio Savinelli, Suso33, Lucía Warck-Meister

SÍNTESE DO PROXECTO


REGION 0. The Latino Video Art Festival of New York
é un Festival de Videoarte Latino que se celebrou no mes de marzo de 2011 no Centro Rey Juan Carlos I, New York University. Tras a súa itinerancia por distintas sedes, preséntase no MARCO de Vigo, onde se exhibirá ata o 1 de setembro.

O termo REGION 0 fai referencia a un ámbito ‘mundial’ nos códigos empregados na gravación e reprodución de DVD. Cando un produto audiovisual se lanza ao mercado restrínxese o seu uso mediante rexións, que corresponden a territorios específicos (por ex. España=Rexión 2, EEUU=Rexión 1, Latinoamérica=Rexión 4). A REGION 0 pode ser reproducida en calquera lugar do mundo, solucionando así o conflito audiovisual entre distintas zonas.

A selección de obras realizouse combinando unha convocatoria aberta e un proceso de comisariado directo. Por unha banda, a comisaria do proxecto encargouse de seleccionar pezas, e por outra, publicouse vía Internet unha convocatoria á que se presentaron un total de 147 creadores, latinoamericanos e españois, con máis de 300 pezas de videoarte. A selección final levárona a cabo a comisaria Eva Mendoza e a fundadora e directora do proxecto Laura Turégano, e o proceso de visualización das obras realizouse vía Internet.

Nesta a súa primeira edición, REGION 0 dá visibilidade a distintas perspectivas que reflicten un ámbito sociocultural complexo e dinámico no que converxen factores históricos, perceptivos, conceptuais, económicos e tecnolóxicos. Nalgúns casos estas visións xiran en torno ao propio mundo da arte e as súas pautas sociais (Estíbaliz Sádaba, Verónica Ruth Frías & Cyro García), ás estratexias de mercadotecnia (Raúl Gómez Valverde, Félix Fernández & Juanma Carrillo, Carolina Conejero), ou á situación profesional dos creadores (Diana Larrea, Patricio Ponce, Manuel Molina Martagón). Pezas como a de Andy Rivas, Suso33, Lucas Borràs, Brais García ou Marcos Calvari incorporan linguaxes vinculadas a fenómenos mediáticos e culturais.

A paisaxe, tanto urbana como rural, protagoniza a obra de Yaco Neches e Iván Cortázar dende o punto de vista da viaxe. Lois Patiño e Gianfranco Foschino asóciano coa percepción temporal; Albert Merino, José Vicente Navarro López, Laia Cabrera, Isabelle Duverger e Mar Caldas coa visual; mentres que Gwenn Joyaux, Marco Casado, Mario Sarramián e Antonio Savinelli parten desta mesma realidade para chegar a resultados que se achegan máis ao imaxinario. Vicente Blanco aborda a paisaxe dende a súa evolución en termos territoriais, e outros artistas optan por establecer un diálogo histórico, como Txuspo Poyo —coa obra de Marcel Duchamp— ou Verónica Ruth Frías —con Frida Kahlo.

O concepto de límite entre dous universos está presente nas obras de Nicky Enright e Lucía Warck-Meister, xunto ás propostas individuais de Carlos Aguasaco, Jorge Catoni, Momu & No Es, Sergio Roger, Mireia Feliu Fabra, Esther Achaerandio, Laura F. Gibellini, e Alejandro Ramírez Ariza. En todas elas aparecen conflitos persoais ou personaxes marxinais que se debaten entre dous polos opostos, chegando nalgúns casos á parodia ou ao absurdo.

+ info en www.regionzero.net

PROGRAMAS E HORARIOS

PROGRAMA A

De 17.00 a 19.00

Give Me Your Blood, Thanks, 2010, 4 min
Verónica Ruth Frías

The Book of the Fragile World, 2007, 2 min
Laura F. Gibellini

El Camino Más Largo. Del Escritorio al Sofá, 2011, 3 min
Alejandro Ramírez Ariza

El Camino Más Largo. Del Sofá a la Papelera,
2011, 2 min
Alejandro Ramírez Ariza

El Camino Más Largo. De Lado a Lado, 2011, 1 min
Alejandro Ramírez Ariza

Medialengua, 2010, 4 min
Carlos Aguasaco

L.A.K. Love, 2010, 4 min
Sergio Roger

Facebook, 2010, 1 min
Andi Rivas

Scanning USA, 2008, 12 min
Iván Cortázar + Yaco Neches

Nebbia, 2009, 8 min
Antonio Savinelli

Susurros, 
2009, 2 min
Iván Cortázar

Compresión a Noventa y Nueve Veces de lo Irreversible, 2010, 1 min
Da serie XLLMS
Marcos Calvari

Shifting Gaze, 2011, 8 min
Laia Cabrera + Isabelle Duverger
Música: Erica Glyn

Paisaje - Distancia. Encuentro entre Hombres
2010, 4 min
Lois Patiño

Combustión Interna, 2006, 1 min
Marco Casado

Rights of Passage,
2010, 3 min
Nicky Enright

Next, 2009, 1 min
Brais García

Hooley, 2011, 8 min
Félix Fernández

Will It Blend?, 2010, 5 min
Raúl Gómez Valverde

Tonto el que lo Lea (Proceso), 2010, 4 min
Verónica Ruth Frías + Cyro García

The Proll Thing,
2006, 4 min
Vicente Blanco

Mohai,
2010, 13 min
Momu & No Es

La Vie en Rouge, 2006, 5 min
Lucia Warck-Meister

Carta Abierta a los Gobernantes o El Pájaro Mudo, 2009, 1 min
Mario Sarramián

Deriva sobre la Práctica Artística, 2008, 3 min
Estíbaliz Sádaba

Afirmaciones para Atraer el Amor, 2009, 4 min
Esther Achaerandio

Identity, 2005, 3 min
Mireia Feliu-Fabra

Typeseries VOL I, 2009, 1 min
Lucas Borràs

CRASH! Creation, Race, Adrenaline in SUSO33’s Hands!, 2009, 1 min
Suso33

PROGRAMA B 

De 19.00 a 21.00 

Duermen bajo las Aguas, 2009, 8 min
Iván Cortázar

Volcán, 2009, 3 min
Gwenn Joyaux

Paisaje-Duración. Río, 2010, 5 min
Lois Patiño

Oleaje Constructivo, 2010, 5 min
José Vicente Navarro López

Otra Vez Algo Nuevo, 2007, 12 min
Vicente Blanco

Compresión a Noventa y Nueve Veces del Arca Rusa, 2010, 1 min
Da serie XLLMS
Marcos Calvari

Transacción, 2008, 5 min
Patricio Ponce

American Sculpture, 2009, 5 min
Manuel Molina Martagón

This Leak, 2011, 8 min
Juanma Carrillo + Félix Fernández

Guauh!!!, 2010, 32 seg
Mar Caldas

Hoy Juega Chile, 2010, 31 seg
Jorge Catoni

Porotito Granado, 2009, 1 min
Jorge Catoni

HomeThoughts, 2009, 4 min
Laura F. Gibellini

Delay Glass, 2007, 8 min
Txuspo Poyo

Geofagia o la Dieta del Artista, 2008, 3 min
Diana Larrea

A Palos, 2009, 4 min
Verónica Ruth Frías

Road Movie, 2008, 4 min
Andi Rivas

Home, 2009, 5 min
Gianfranco Foschino

Reposo, 2009, 1 min
Gwenn Joyaux

El Rastro de la Sal, 2010, 8 min
Albert Merino Gómez

Contrato para Paisaje nº2, 2010, 3 min
Vicente Blanco 

Paisaje - Distancia. Pescadores en el Mismo Mar, 2011, 3 min
Lois Patiño

Transforming, 2009, 1 min
Caroline Conejero

Ich Allein Auf Fremde Wegen, 2011, 6 min
Félix Fernández

El Arbolador Fiel, 2007, 1 min
Mario Sarramián

La Casita de Elena, 2011, 5 min
Mar Caldas

Compresión a Trescientas Cincuenta y un Veces el Tiempo de los Cien Mejores Videoclips Según MTV, 2010, 1 min
De la serie XLLMS
Marcos Calvari

If I Come Back to This Life I Want to Be an American Dentist, 2011, 4 min
Manuel Molina Martagón

She Dreamt We Dreamt, 2007, 4 min
Marco Casado