rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Resistencias. Días de acción e pensamento

Resistencias. Días de acción e pensamento

Datas: 
11 novembro 2011 - 12 novembro 2011
Horario: 
Una introducción, por Olga de Soto: venres 11 ás 21.00. Todos los buenos espías tienen mi edad, por Juan Domínguez: sábado 12 ás 20.00
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
Entrada gratuíta ata completar aforo, previa recollida en taquilla a partir das 17.00, o mesmo día de cada función


Creación escénica europea contemporánea con dous dos coreógrafos españois máis recoñecidos internacionalmente, Olga de Soto e Juan Domínguez, nunha iniciativa comisariada por Pablo Fidalgo Lareo.

 


 

No se pasa de lo posible a lo real, si no de lo imposible a lo verdadero.
María Zambrano

 

Resistencias. Días de acción e pensamento é un proxecto comisariado por Pablo Fidalgo Lareo para o MARCO. Esta iniciativa nace para atraer a Galicia a creación escénica europea contemporánea e dar lugar a unha nova relación entre comisarios, artistas e públicos, que posibilite un novo contexto en Vigo para a acción e o pensamento escénico. Repensaremos o espazo do Museo como lugar idóneo para presentar a arte en vivo, o corpo, o movemento e a palabra. Nesta primeira edición programamos dous dos coreógrafos españois máis recoñecidos internacionalmente: Olga de Soto, residente en Berlín, presenta Una introdución, e Juan Domínguez, residente en Berlín, mostra Todos los buenos espías tienen mi edad.

Todos los buenos espías tienen mi edad, de Juan Domínguez, invítanos a vivir o antes, o durante e o despois da produción dunha obra, e todo iso, de forma simultánea. O presente é futuro, é pasado. Propón aos espectadores que espíen os intervalos entre a emerxencia de ideas para coreografías e a coreografía destas ideas. Necesitamos os procesos de identificación implícitos nas actuacións en vivo? As accións resaltan as relacións entre a escritura e a lectura da propia obra. Lanzan os espectadores dentro da galaxia das alucinacións, do mundo dos soños, do espazo da imaxinación. Ou será no espazo dos pensamentos onde nos mesturamos nun contacto íntimo co coreógrafo? O dispositivo parece propoñer distancia pero, finalmente, temos a sensación de facer o amor cos pensamentos do artista, connosco mesmos, con ambos os dous á vez. (Texto de Anne Passant).
Juan Domínguez ofrece esta obra en Vigo despois de presentala en países de todo o mundo dende o ano 2002.

Todos los buenos espías tienen mi edad. Creado e interpretado por Juan Domínguez. Coproducido por Espace Pier Paolo Pasolini (Valenciennes, Francia); Consejería de las Artes, Dirección General de Promoción Cultural, Comunidad de Madrid; e Cuqui Jerez, co apoio de Xavier Leroy, in situ Productions. Esta peza formou parte de Projecto 5 (P5), que foi apoiado por: Tanzwerkstatt Berlin, Podewil (Berlin), Vooruit (Gante) e Stuk (Lovaina).

Olga de Soto prosegue o seu traballo de investigación coreográfica cuxos vectores principais son a historia da danza e a percepción, dirixindo a súa mirada cara a La Mesa Verde, do coreógrafo alemán Kurt Jooss, considerado un dos espectáculos politicamente máis comprometidos xamais realizados, no que o coreógrafo denuncia o auxe do fascismo e a guerra. Que recordan dunha obra escénica aqueles que realizaron un espectáculo hai moito tempo, ou aqueles que permiten, grazas ao seu labor, que continúe existindo hoxe en día? En que consiste o traballo de transmisión? Que é ser intérprete? Cal é o sitio que ocupan e o papel que xogan os bailarins, os intérpretes na historia da danza? Como evoluciona unha obra dentro da súa propia historia? E no seo da Historia? Que impacto ten unha obra politicamente comprometida na memoria do público? Achados inesperados, recollidos ao longo dun camiño dramatúrxico rico que se articula en dirección dunha memoria colectiva emocionante. A peza chega a Vigo despois de presentarse no Culturgest de Lisboa e antes de facelo no Museo George Pompidou de París.

Una introducción. Creado e interpretado por Olga de Soto. Producido por Caravan Productions (Bruxelas).
Olga de Soto formouse en Bélxica. Traballou con Boris Charmatz e con Jérôme Bel. Foi coreógrafa en residencia en La Raffinerie - Centro Coreográfico da Comunidade Francófona de Bélxica, durante 2006 e 2007, e a partir de 2009 en Les Halles de Schaerbeek.