rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Salón Sinsal Primavera

Salón Sinsal Primavera

Datas: 
30 maio 2009
Lugar: 
Salón de Actos

Organiza: Sinsalaudio, en colaboración co MARCO

Black Dice (USA)
Luns 4 maio, ás 20.30
Prezo: 10 €

Wavves [USA] + Indómitos [Vigo]
Sábado 30 de maio, ás 21.00
Prezo: 8 €

Continuando coa liña de colaboración entre Sinsalaudio e o MARCO, este ano a estación primavera do Festival SINSAL ofrece dous concertos no MARCO, coa actuación de Black Dice o 4 de maio, e da banda Wawwes e o trío Indómitos o 30 de maio.

Con base en Brooklyn (Nova York), Black Dice é unha das bandas de rock máis explosivas, radicais e viciosamente únicas do mundo. Os irmáns Eric e Bjorn Copeland e Aaron Warren levan xa dez anos gravando, tocando e azoutando audiencias co seu bizarra doutrina musical. Dende a caótica mestura de trash oitentero e ruído agresivo dos seus comezos, o trío transformouse con cada disco e época da súa carreira.

http://www.blackdice.net
http://www.myspace.com/blackdicemyspace
http://www.myspace.com/baalte

Aínda que Nathan Williams, alma e cerebro de Wavves, se teña por seguidor dos Beach Boys, a súa música escapa das melodías soleadas do pop californiano para instalarse nun campo minado no que operan No Age, Estafes New Viking por Times New Viking. Punk lo-fi e espírito garaxeiro salpicado de estrillos que parecen acabados de saír do forno para unha banda que, tras estrearse en 2008 cun álbum homónimo e autoeditado, inaugurou este ano coa reedición dese mesmo traballo discográfico a través do selo De Stijl.
http://www.myspace.com/wavves

Indómitos é un trío vigués, pero formado en Glasgow a principios de 2008. Despois dunha tempada tocando por terras escocesas decidiron volver a Galicia, onde a finais de ano publicaban o seu primeiro LP homónimo no selo El Beasto. Cancións mínimas e enerxéticas de punk escuro, cun toque pop, e moi moi sucio.
http://www.myspace.com/indomitos

Contactos para información e reserva de entradas:
Julio Gómez / Luis Campos
+34 635 575 665
luis@sinsalaudio.org
www.sinsalaudio.org