rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Santiago Sierra ‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira'

Santiago Sierra ‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira'

Datas: 
21 maio 2009 - 23 maio 2009
Horario: 
19:30
Lugar: 
Salón de Actos

Exposición SANTIAGO SIERRA

‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira'

Proxección do vídeo ‘Para os traballadores sempre hai crise'

Dende o 1 de maio, data de inauguración da exposición de Santiago Sierra no MARCO, comisariada polo seu director, Iñaki Martínez Antelo, os espazos do que foi antiga prisión e xulgados víronse transformados coa ‘Instalación de 54 tetrápodos de cemento para dique' nas salas da planta baixa. Na segunda fase deste proxecto, un ‘Epílogo sobre a sensibilidade policial' titulado ‘Cesión do espazo expositivo á autoridade para o anuncio e mostra de decomisos', o museo cede o espazo do salón de actos á Policía Nacional para anunciar e mostrar os alixos incautados durante un ano na cidade. A presentación do primeiro decomiso tivo lugar o 14 de maio, cunha conferencia de prensa na que representantes da autoridade policial presentaron un conxunto de armas incautadas pola Policía Nacional de Vigo. A partir desa data, o decomiso permaneceu exposto ao público durante tres días consecutivos.

Completando unha nova fase do proxecto, a partir de mañá xoves e ata o sábado, preséntase no salón de actos do MARCO o ‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira', consistente na proxección do vídeo dunha charla de José Luis Velasco, dirixente da CNT, baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai crise'. O devandito vídeo foi proxectado xa no salón de actos coincidindo coa xornada inaugural da exposición, o primeiro de maio, Día Internacional dos Traballadores.

Exposición SANTIAGO SIERRA

INSTALACIÓN DE 54 TETRÁPODOS DE CEMENTO PARA DIQUE E UN EPÍLOGO SOBRE A SENSIBILIDADE POLICIAL E OBREIRA

2º EPÍLOGO

TRADUCIÓN DUNHA CHARLA

Antigo edificio dos Xulgados e do Cárcere de Vigo, España. Primeiro de maio de 2009

Charla de José Luis Velasco baixo o título "PARA OS TRABALLADORES SEMPRE HAI CRISE"

DVD vídeo, b/n, 80'