rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Óscar Alonso Molina


Óscar Alonso Molina
(Madrid, 1971). Doutor en Belas Artes. Crítico de arte e comisario independente de exposicións. Ensaísta e conferenciante habitual, o seu traballo céntrase nas últimas manifestacións artísticas, dedicando especial atención aos aspectos relacionados coa retórica visual e o desenvolvemento das estratexias textuais e narrativas. Foi responsable dos Solo Projects das feiras de Lisboa (2009), Santander (2010) e Swab (2014); e de exposicións como Artífice (Sevilla e Cádiz, 2006; Córdoba, 2007; Madrid, 2008), Emblema: Arte, Vida y Símbolo (Madrid, 2009), Souvenir de la vida (Sevilla, 2013), Matriz y Múltiple (2015), Memorias Imaginadas (2017), ou Inasible (2018). Na actualidade, e dende 2011, é responsable do programa “Conexiones” no Museo ABC, ciclo expositivo ao redor do debuxo contemporáneo.