rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Sergio Edelsztein

 

Sergio Edelsztein, nacido en Bos Aires, Arxentina, en 1956, cursou os seus estudos na Universidade de Tel Aviv entre 1976 e 1985, tras o cal fundou e dirixiu Artifact Gallery en Tel Aviv (1987–95). En 1995 funda The Center for Contemporary Art de Tel Aviv, centro que dirixe dende entón e no que tamén desempeña funcións de comisario xefe. No contexto do CCA comisariou sete Bienais sobre Performance e cinco Bienais Internacionais de Videoarte (Video Zone), así como multitude de proxeccións experimentais e de videoarte, retrospectivas, e actividades relacionadas coa performance. Entre as exposicións comisariadas para o CCA destacan as mostras de Guy Ben Ner, Boaz Arad, Doron Solomons, Roee Rosen e Jan Tichy e artistas internacionais tan notables como Rosa Barba, Ceal Floyer ou Marina Abramovic. Dende 1995, Edelsztein foi comisario de exposicións e programas de vídeo e performance en España e China, entre outros países, así como da participación de Israel na XXIV Bienal de São Paulo e do Pavillón Israelí na LI Bienal de Venecia (2005). Así mesmo, ten impartido conferencias, presentado programas de vídeo; e é autor de numerosas publicacións en Israel, España, Brasil, Italia, Austria, Alemaña, China, Estados Unidos, Arxentina, etc., así como de textos para catálogos de exposicións, medios dixitais e outras publicacións especializadas.