rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Servizos

Salón de actos


O MARCO ofrece a posibilidade de aluguer do seu salón de actos —situado no vestíbulo principal e con acceso independente do museo— e doutros espazos do museo para o desenvolvemento de conferencias, presentacións, seminarios, encontros, etc.

As vantaxes de utilización destes espazos son múltiples: sitúase no centro da cidade, ademais da combinación da significación histórica do edificio coa imaxe do MARCO como centro de arte contemporánea. O aluguer inclúe varios servizos gratuítos, e a posibilidade de visitas guiadas ás exposicións en función da tarifa. Todo isto fai que sexan solicitados por institucións e empresas de moi distinta natureza.

A dispoñibilidade dos espazos do MARCO é limitada, e o seu grao de ocupación varía en función da propia programación do MARCO en distintas épocas do ano. Para calquera consulta sobre dispoñibilidade deste espazo, procedementos e tarifas de aluguer, diríxase a:

Aluguer do salón de actos e outros espazos:
Contacto: Marta Viana
986 113900
marta.viana@marcovigo.com 




Hotel MARCO. Un proxecto de Michael Lin & rvr arquitectos

O HOTEL MARCO, sito na praza peonil posterior (antes Espazo Anexo), é un proxecto do artista Michael Lin e rvr arquitectos, que transformou o lugar nun cuarto de hotel cuxo uso continúa na actualidade, sexa dentro do programa de residencias e profesionais convidados polo propio Museo, ou para reservas de particulares. Calquera persoa interesada pode reservalo como habitación de hotel propiamente dita, en función das datas dispoñibles e previo pago de tarifa, gozando deste xeito da experiencia de aloxarse nun espazo expositivo concibido como obra de arte.
Existe tamén a posibilidade de aluguer deste espazo para localización publicitaria ou sesións fotográficas específicas (ver tarifas descargables máis abaixo).

Información e reservas: info@marcovigo.com

Tarifa (uso dobre) = 100 €
Tarifa reducida para membros Agrupación Amigos MARCO = 50€

A tarifa inclúe IVE e almorzo no restaurante do Museo / Restaurante Miguel Oliveira

Empresas colaboradoras: 

As seguintes empresas colaboraron poñendo os seus mellores produtos a disposición dos clientes e usuarios do Hotel MARCO, ao longo de toda a duración do proxecto:

Aguas de Mondariz
[Auga mineral natural con/sen gas, botella cristal, 33cl] 

illycaffè
[Máquina espresso e cuncas de colección] 

SIRVENT
[Sistema de descanso Vi-spring, recomendado e instalado por SIRVENT. Vi-spring sleep system

Martínez Otero
[Mobiliario] 

I.C.O.N. - O.P.I
[Produtos cosméticos] 

Weber
[Morteiros industriais] 

 

MIGUEL OLIVEIRA Restaurante

O restaurante do MARCO, situado na planta baixa, e con acceso independente das salas de exposición, está destinado tanto aos visitantes do museo como ao público en xeral. 

HORARIO:

De luns a venres de 10:30 a 21.00
Sábados de 10.30 a 21.00
Domingos: pechado
Contacto: Miguel Oliveira
+ 34 886 116712
info@migueloliveira.es
http://www.migueloliveira.es