
Servizos e medidas sanitarias de seguridade e protección ante Covid-19
A partir do martes 2 de xuño, día de reapertura do Museo, a Biblioteca-Centro de Documentación MARCO continuará
ABERTA A TRAVÉS DA REDE.
PRESENCIALMENTE, e ata novo aviso, SÓ PARA INVESTIGADORES, mediante cita previa e cumprindo todas as medidas de hixiene e seguridade.
Estamos adaptando o espazo ás novas circunstancias, aproveitando mentres tanto as oportunidades de comunicación e uso na rede.
SERVIZOS PRESENCIAIS
CITA PREVIA PARA INVESTIGADORES
Previamente
- Consulte e seleccione as publicacións desexadas a través desta ligazón directa ao catálogo:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BusquedaBibliotecas.aspx?CodigoBiblioteca=PMB001
- Solicite cita previa a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com
- Agarde confirmación de día e hora para a cita.
Na Biblioteca-Centro de documentación
- É obrigatorio o uso de tapabocas e luvas.
- Manteña a distancia mínima interpersoal de 2 metros.
- Utilice o xel desinfectante dispoñible á entrada da sala.
- Os bolsos de man ou mochilas terán un tamaño máximo de 30x30 cm.
- Non se poderá acceder ao fondo bibliográfico nin ás publicacións periódicas situadas nos estantes, que só poderá manipular o persoal bibliotecario.
- Non estarán dispoñibles os equipos informáticos para acceder ao catálogo dixital, nin os servizos de reprografía.
- Si se poderá acceder con equipos informáticos persoais.
Posteriormente
- Os materiais consultados pasarán unha corentena de 14 días.
- Levaranse a cabo todas as medidas de limpeza e desinfección pertinentes.
SERVIZOS VIRTUAIS
INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA, HEMEROGRÁFICA E DOCUMENTAL
Envíe as súas consultas e peticións de información relacionadas co pensamiento e arte contemporáneo a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com
REANUDACIÓN CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO
As sesións pendentes dos tres grupos do Clube de Lectura #BiblioMARCO continúan mediante videoconferencias, a través da plataforma ZOOM.
Entendido como espazo de encontro, dinamización e intercambio de experiencias para persoas interesadas na literatura e as artes en xeral, nesta iniciativa da nosa Biblioteca-Centro de documentación os eixes argumentaiss das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións.
Cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, o que converte ao clube #BiblioMARCO nunha experiencia diferente e que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.
As próximas sesións xirarán ao redor de Peter Cameron (Algún día este dolor te será útil, Libros del Asteroide 2012), Kazuo Ishiguro (Un artista del mundo flotante, Anagrama, 1989), e Oscar Wilde (El retrato de Dorian Gray, Espasa Libros, 2016).
+ INFO: http://www.marcovigo.com/es/content/club-de-lectura-bibliomarco
REPOSITORIOS DIXITAIS
Neste novo período temos previsto realizar e compartir distintos repositorios dixitais que consideramos de interese para os nosos usuarios, cunha selección das seguintes áreas, entre outras:
- Webs de didáctica artística para o ámbito infantil e xuvenil
- Proxectos artísticos por ámbitos temáticos
- Publicacións de exposicións en formato dixital
- Publicacións periódicas e portais