rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
SINSAL OUTONO 15 - LOS HIJOS DE LA MONTAÑA

SINSAL OUTONO 15 - LOS HIJOS DE LA MONTAÑA

Datas: 
28 novembro 2017
Horario: 
20.30
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
7€

Los Hijos de la Montaña é o proxecto promovido polo estadounidense Sergio Mendoza, valioso colaborador de proxectos devotos da hibridación sonora como Calexico, Devotchka, Giant Sand, ou Instituto Mexicano del Sonido. Ademais, cerebro, xunto a Camilo Lara, da trastada que é Mexxrrissey (Morrisey pasado por unha túrmix azteca) e, ante todo, líder desa Orkesta Mendoza na que, inspirado polo gran Pérez Prado, insire unha miríada de xéneros latinos cun prisma psicodélico.

Coa produción de Steve Berlin (Los Lobos) e coa complicidade da súa irmá, a cantante Luz Elena Mendoza, con Los Hijos de la Montaña explora o folclore latino en xeral e o mexicano en particular. Folk e cumbia, con espazo para unha psiquedelia pausada e crepuscular. O estadounidense presenta en directo esta exquisitez exótica acompañado do talento dunha vocalista soberbia, a colombiana Alea. 

Venta anticipada de entradas aquí