rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
SINSAL OUTONO 15 - THOR HARRIS & FRIENDS

SINSAL OUTONO 15 - THOR HARRIS & FRIENDS

Datas: 
15 decembro 2017
Horario: 
20.30
Lugar: 
Salón de Actos

Sinsal Outono trae a Vigo a Thor Harris, conectado na súa traxectoria por algúns dos nomes máis interesantes da escena musical das últimas dúas décadas. A súa intensa relación artística con Michael Gira, pero tamén a decisiva contribución de Harris á abraiante reformulación do son de Swans, até colaboracións con Shearwater, Devendra Banhart, Bill Callahan, Ben Frost, Xiu Xiu, Jenny Hval, Lisa Germano, ou Adam Torres. Semellante traxectoria, personalidade expansiva e sentido do humor delirante convertérono nunha das personalidades máis carismáticas da escena estadounidense.

Na aventura emprendida con Thor Harris & Friends, este carpinteiro, pintor, luthier e percusionista inspírase no minimalismo estadounidense e explora as súas posibilidades rodeado dunha nómina mutante de músicos residentes en Austin. O primeiro resultado desta aventura é un brillante traballo homónimo, no que marimbas, xilófonos e vibráfonos serven para construír unha excitante base polirrítmica sobre a que cobran vida melodías e texturas paridas con pedal steel, sintetizadores analóxicos, violíns, violas, contrabaixos, clarinetes, duduk e oboe.

Venta de entradas anticipadas aquí