rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí. Performance da artista Yolanda Herranz Pascual

SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí. Performance da artista Yolanda Herranz Pascual

Datas: 
18 setembro 2020
Horario: 
12.30
Lugar: 
MARCO, sala de proxectos, 1º andar

Coa colaboración de: Deputación de Pontevedra 

A obra de Yolanda Herranz e a exposición “…NO, AÚN NO…” (que se clausura este domingo 20 de setembro no 1º andar) inclúe a instalación mural titulada SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí, que parte dunha acción —a primeira performance da artista— realizada en 2012.

Durante o período de confinamento, e co gallo do Día Internacional do Museo, o MARCO ofreceu na súa web e canle de Youtube unha versión gravada desta performance, exemplo da traxectoria pioneira de Yolanda Herranz na vindicación feminista; unha obra que parte da reflexión individual e que se converte en voz pública, colectiva

Mañá venres 18 de setembro ás 12.30, coincidindo cos últimos días da exposición, a performance se levará a cabo en vivo, na propia sala.

Durante esta acción, un grupo de dez mulleres recita dúas series de 690 palabras que empezan por A, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do diccionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. Unha lectura infinita, modular, reiterada, a modo de voz que se confunde e multiplica nos seus ecos.

Participantes:

Yolanda Herranz Pascual, Pilar Souto Soto, Beatriz Pérez Fernandes, Patricia Verdial Garay, Uxía Blanco Iglesias, María Xosé Martínez Pérez, Wêdyla Rodrigues de Alcántara, Iria Fernández Mouriz, Ruth Rodríguez Gonzalo, Celeste Garrido Meira