rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea

Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea

Datas: 
19 outubro 2011 - 9 maio 2012
Horario: 
mércores, de 19.30 a 21.00
Lugar: 
Salón de actos

Dentro do contexto de divulgación da arte contemporánea levados a cabo polo MARCO, este
curso céntrase na análise específica da arte de construír, a través dun programa que abrangue os
principais movementos e figuras da historia da arquitectura dos séculos XIX, XX e XXI.

Ademais de levar a cabo unha aproximación ao coñecemento dos diferentes modelos, estilos e
personalidades que conforman a realidade arquitectónica, outro contido fundamental do curso
son os cambios experimentados pola sociedade nos aspectos demográficos, técnicos, ideolóxicos,
etc., e a súa repercusión nos modos construtivos. Deste modo compréndese como a arquitectura,
máis que ningunha outra actividade artística, está unida de modo indisoluble aos cambios e o
devir do mundo do seu tempo.

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Nº sesións: 23 (descontados festivos e outros eventos)

NOTA: durante a tempada 2011-12, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá
curso
os seguintes mércores: 
8 e 28 de decembro, 4 de xaneiro, 15 de febreiro, 28 de marzo, 4 de abril

Así mesmo, o programa-calendario das sesións pode ofrecer variacións en canto a contidosde cada sesión e ao seu desenvolvemento temporal.

Prazas limitadas
Inscrición e matrícula a partir do 13 de setembro

Prezo de matrícula:

180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes da Universidade de Vigo, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

PROGRAMA-CALENDARIO

Sesión 1 (mércores 19 outubro)
             Arquitectura e urbanismo no século XIX. Utopías urbanas. As transformacións da cidade                      burguesa

Sesións 2 e 3 (mércores 26 outubro e 2 novembro)
             Dos historicismos medievais á Escola de Chicago

Sesión 4 (mércores 9 novembro)
             A arquitectura no cambio de século: o Modernismo

Sesións 5 e 6 (mércores 16 e 23 novembro)
             Arquitectura e urbanismo na 1ª metade do século XX. O comezo da modernidade: 1900-1920

Sesión 7 (mércores 30 novembro)
             O estilo Internacional e as súas distintas interpretacións: 1920-1945

Sesión 8 (mércores 14 decembro)
             Os profetas da arquitectura moderna en Europa: Mies van der Rohe, Le Corbusier

Sesión 9 (mércores 11 xaneiro)
             América e a modernidade. Frank Lloyd Wright

Sesión 10 (mércores 18 xaneiro)
               Arquitectura e urbanismo na 2ª metade do século XX. Diferentes tendencias

Sesión 11 (mércores 1 febreiro)
               1970-1990: da posmodernidade á neovangarda

Sesión 12 (mércores 25 xaneiro)
               A tendencia deconstrutivista: Frank Gehry, Daniel Libeskind, Zaha Hadid

Sesión 13 (mércores 8 febreiro)
               Oscar Niemeyer como punto de partida dos grandes estudos de arquitectura da 2ª metade                  do século XX

Sesión 14 (mércores 22 febreiro)
               Richard Rogers e Norman Foster: a arquitectura como alarde tecnolóxico

Sesión 15 (mércores 29 febreiro)
               Alvaro Siza e a Escola do Porto

Sesión 16 (mércores 7 marzo)
               A achega española: Rafael Moneo e Santiago Calatrava. A contención e o barroco

Sesión 17 (mércores 14 marzo)
               A presenza francesa: Dominique Perrault e Jean Nouvel

Sesión 18 (mércores 21 marzo)
               A irrupción da escola xaponesa: Tadao Ando

Sesión 19 (mércores 11 abril)
               A práctica da arquitectura (I)
       Estudio Irisarri+Piñera [Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera]

Sesión 20 (mércores 18 abril)
               A precisión suíza: Peter Zumthor, Herzog & de Meuron

Sesión 21 (mércores 25 abril)
A práctica da arquitectura (II)
rvr arquitectos [Alberto Redondo, Marcial Rodríguez, José Valladares]

Sesión 22 (mércores 2 maio)
               A arquitectura a comenzos do século XXI: entre a experimentación e a volta á orde.

Sesión 23 (mércores 9 maio)
               A práctica da arquitectura (III)
       Simón Pereiro
                   Alfredo Sirvent

As vinte sesións impartidas por Ana Pereira completaranse con outras tres, a cargo de relatores
externos: arquitectos/as galegos/as que falarán a partir da súa propia experiencia profesional en
distintos ámbitos da arquitectura.

NOTA: as tres sesións de relatores externos poderán estar intercaladas no programa-calendario
de sesións teóricas, e por iso variar nas súas datas, do que se avisará coa suficiente antelación.