rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Vencerse é cousa de se tratar. Unha proposta escénica de Fernando Abreu, sobre a obra “Intempériome” de Xela Arias

Vencerse é cousa de se tratar. Unha proposta escénica de Fernando Abreu, sobre a obra “Intempériome” de Xela Arias

Datas: 
13 abril 2021
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00

Este sábado e domingo, pre-estrea no MARCO

Vencerse é cousa de se tratar
Unha proposta escénica de Fernando Abreu, sobre a obra “Intempériome” de Xela Arias
Un punto de encontro entre a vangarda da palabra, a música e a imaxe
A voz de Xela Arias xunto a Fernando Abreu, Mónica de Nut, e Pablo Carrera en escena, Roi Fernández (Sr. Pause) no cinema en directo.

Sábado 17 abril ás 19.30
Domingo 18 abril ás 12.30

Salón de actos do MARCO

Entrada gratuíta* ata completar capacidade
*Por mor das condicións sanitarias, a capacidade é limitada, imprescindible reserva.

“Vencerse é cousa de se tratar”

No ano 2003 a poeta Xela Arias preparaba as presentacións do seu derradeiro libro Intempériome xunto ao músico Fernando Abreu, coa idea de mesturar as dúas artes dende un punto de vista contemporáneo con espazo para improvisación libre e a palabra.

Como parte do traballo sobre a emoción, o ritmo e o carácter dos recitados de Xela Arias, Fernando Abreu gravou os poemas do libro na voz da autora. Aquelas gravacións que só tiñan a intención do estudo acabáronse por converter nun documento único coa inesperada morte da autora.

A partir dos materiais elaborados ata aquel momento, Abreu xa creara unha performance na que a voz gravada de Xela fundíase con música e voces ao vivo e foi interpretada nalgunhas das homenaxes que recibiu a autora dende entón.

O nomeamento de Xela Arias como autora homenaxeada nesta edición 2021 do Día das Letras Galegas é a ocasión perfecta para que este proxecto se converta nun espectáculo escénico.

Nesta proposta, Fernando Abreu conta coa complicidade en escena da cantante e actriz Mónica de Nut —quen pon voz ós poemas mesturándose cos recitados da propia autora— e de Pablo Carrera, con quen leva mais de vinte anos traballando no proxecto DOUS e creando espazos sonoros para teatro e audiovisual.

Roi Fernández completa o elenco realizando cinema en directo. 

Foto: Silvia Mella (detalle).