rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
VERTIXE MARCO CURSO AGUZAR O OÍDO III

VERTIXE MARCO CURSO AGUZAR O OÍDO III

Datas: 
13 outubro 2016 - 11 decembro 2016
Lugar: 
O curso desenvólvese en paralelo ao IV Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora, e as sesións terán lugar nos lugares e horarios programados para cada concerto.
Prezo: 
60€ (50€ para membros da Agrupación de Amigos do MARCO, estudantes, e asistentes a anteriores edicións do curso AGUZAR O OÍDO)

Relator principal: Emilio Lede, coa colaboración de relatores convidados
Coordinador: Ignacio Barcia

3ª edición do curso AGUZAR O OÍDO

A colaboración entre Vertixe Sonora e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo fixo posible nos últimos anos a posta en marcha do curso AGUZAR O OÍDO, proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora que se converteu nunha referencia a nivel estatal.

Nesta a súa 3ª edición, e no contexto do IV Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora, o curso consiste en nove sesións de charlas previas a cada un dos concertos do Festival, a cargo de distintos profesionais, ademais da asistencia a cada un dos concertos incluídos no programa.

As sesións comezarán 45 minutos antes de cada concerto no espazo correspondente e terán unha duración de 30 minutos.

PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 6 de outubro

O prezo de matrícula inclúe tanto as nove sesión previas aos concertos como o bono (30€) do Festival Vertixe Sonora para asistir aos seis concertos de pago incluídos no Festival.

As fichas de inscrición pódense solicitar directamente na taquilla do MARCO (horario de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30), ou a través do correo-e alberto.abal@marcovigo.com e recepcion.marco@gmail.com.

Para máis información sobre cada concerto, consultar o PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL en www.vertixesonora.net