rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita á exposición ANTÓN GOYANES. Unha escolma pictórica, guiada polo artista

Visita á exposición ANTÓN GOYANES. Unha escolma pictórica, guiada polo artista

Datas: 
23 outubro 2018
Lugar: 
Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160)
Horario: 
17.00


As persoas interesadas deben confirmar asistencia a través do email amigos.marco@marcovigo.com

Antón Goyanes é un importante representante da plástica galega, que desenvolveu unha parte da súa dilatada vida artística ao amparo da Autoridade Portuaria da cidade de Vigo, motivo polo que se atopa entre as súas obras máis coñecidas as columnas do Berbés que flanquean o acceso ao Porto de Vigo.

A exposición Unha escolma pictórica componse de 52 obras entre pintura e maquetas que abarcan dende as primeiras obras en Vigo realizadas en 1968, ata as máis recentes de 2017.