rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita a Pontevedra

Visita a Pontevedra

Datas: 
28 xuño 2019
Lugar: 
Punto de encontro: Illa das Esculturas
Horario: 
16.30


Reservas de praza: 
taquilla MARCO antes do 24 de xuño 
Desprazamento libre (recomendamos o tren Vigo - Pontevedra que sae da estación de Guixar ás 15:00). 
A distancia entre a Illa das Esculturas e a Fundación RAC realizarase a pé (1, 5 Km / aprox. 10’)
Grupo máximo: 40 persoas

Iniciaremos o percorrido ás 17:00 na Illa das Esculturas, onde gozaremos dunha visita guiada por Antón Castro, un dos impulsores do proxecto. Situada xunto ao río Lérez e inaugurada no marco do Xacobeo do ano 1999, a Illa das Esculturas é o maior museo de arte contemporánea ao aire libre de Galicia. Trátase dun espazo destinado ao diálogo arte-natureza, habitado por pezas site-specific dalgúns dos nomes máis potentes da escultura a nivel internacional (Francisco Leiro, Fernando Casás, Giovani Anselmo, Dan Grahamn, etc.) Case todas as obras teñen en común a utilización de granito galego.
Unha vez rematada a visita á Illa das Esculturas, desprazarémonos ata a Fundación Rosón Arte Contemporánea (Fundación RAC), onde realizaremos unha visita guiada á exposición A linguaxe da mirada, na cal estará presente Carlos Rosón, coleccionista e fundador do proxecto. Trátase dunha exposición colectiva de fotografía na que 11 artistas de recoñecido prestixio expoñen a problemática da identidade na sociedade contemporánea, xerando preguntas sobre a nosa relación coa contorna e a substitución do eu a través do “outro”. Un “outro” que, seguindo a Jean Paul Sartre, permítenos facernos conscientes de nós mesmos. A visita, que correrá a cargo de Sara Donoso, crítica, xestora artística e investigadora, terminará ás 20:00.

Iniciaremos o percorrido ás 17:00 na Illa das Esculturas, onde gozaremos dunha visita guiada por Antón Castro, un dos impulsores do proxecto. Situada xunto ao río Lérez e inaugurada no marco do Xacobeo do ano 1999, a Illa das Esculturas é o maior museo de arte contemporánea ao aire libre de Galicia. Trátase dun espazo destinado ao diálogo arte-natureza, habitado por pezas site-specific dalgúns dos nomes máis potentes da escultura a nivel internacional (Francisco Leiro, Fernando Casás, Giovani Anselmo, Dan Grahamn, etc.) Case todas as obras teñen en común a utilización de granito galego.Unha vez rematada a visita á Illa das Esculturas, desprazarémonos ata a Fundación Rosón Arte Contemporánea (Fundación RAC), onde realizaremos unha visita guiada á exposición A linguaxe da mirada, na cal estará presente Carlos Rosón, coleccionista e fundador do proxecto. Trátase dunha exposición colectiva de fotografía na que 11 artistas de recoñecido prestixio expoñen a problemática da identidade na sociedade contemporánea, xerando preguntas sobre a nosa relación coa contorna e a substitución do eu a través do “outro”. Un “outro” que, seguindo a Jean Paul Sartre, permítenos facernos conscientes de nós mesmos. A visita, que correrá a cargo de Sara Donoso, crítica, xestora artística e investigadora, terminará ás 20:00.

Fotografía: Vistas de salas de exposición © Fundación RAC