rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
VISITAS ESCOLARES

VISITAS ESCOLARES

O programa educativo, en relación directa coas exposicións temporais, é un dos eixes do MARCO como proxecto, unha fonte de experiencias e de aprendizaxe sobre a percepción. Ao longo do ano o MARCO ofrece unha programación estable na que destacan as visitas e talleres para escolares xunto con outros programas e eventos en función do calendario e das necesidades de distintos públicos.
Datas: 
20 outubro 2016 - 23 xuño 2017
Horario: 
martes a venres de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30


Escolares  


Ao longo de todo o curso escolar, o MARCO ofrece programas gratuítos de visitas e talleres relacionados coas exposicións temporais, con actividades específicas para alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP. O programa consiste nun percorrido polas salas de exposición en compañía de educadores especializados, e un taller posterior no 'Laboratorio das Artes', o espazo de didáctica do 1º andar. Os programas deséñanse á medida en función dos contidos da exposición e das idades ou ciclos educativos, e poden incluír actividades opcionais para antes e despois da visita ao MARCO.

A visita + obradoiro ten unha duración de 1 hora e 15 minutos. Sexa cal sexa o número de participantes de cada centro, á súa chegada o persoal educador os organiza en grupos de 25 alumnos/as para un mellor rendemento das actividades. Cómpre que os adultos que acompañan ao grupo permanezan con eles en todo momento. Non está permitido comer e beber no museo, exceptuando a zona de cafetería. Se o grupo ten algunha necesidade especial, ou prefire adaptar a visita na súa duración ou contidos, non dubiden en comunicalo con antelación ao noso departamento educativo.

Horario:
Martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 13.30
1ª quenda de 11.00 a 12.15 e 2ª quenda de 12.15 a 13.30
[Fóra deste horario existe tamén a opción de organizar visitas (sen obradoiro) polas tardes, en horario de 17.00 a 20.00]

Prezo:2€/grupo completo

Para as visitas de escolares é imprescindible cita previa.

Contacto:
Patricia Verdial
986 113900 (ext. 304), en horario de 08.30 a 14.30
info@marcovigo.com